Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente: Carambola ou bola de destrucción?

Preferente: Carambola ou bola de destrucción?
Os rebotes con consecuencia negativa condearon a dous dos tres representantes da Costa da Morte, que esta vez quedou sen sumar un só punto a un casilleiro no que aínda se respira cvalma Dura tarde do Sofán en Monforte - Foto: SD Sofán Soneira 1-2 Noia Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Aarón Fernández, Óscar, Rubén Forján, Pichi, Brais, Jota, Óscar Romero, Vía (Mario, min. 70), Richi e Javi Noia: Pajarillo, Rubén, Tachi, Dani Conde, Juanjo, Jon, David Suárez, Emilio (Tino, min. 39), Canabal (Carlos, min. 85), Toni (Iván, min. 55) e Manoliño (Xacobe, min. 83) Árbitro: Montero Piñeiro (Lugo). Amonestou a Vía e Jota do Soneira; Dani Conde e Juanjo do Noia Goles: 0-1 m.11 Pichi, en propia meta; 0-2 m.21 David Suárez; 1-2 m.35 Aarón Fernández, de penalti Sorte de campión Non amosou o líder Noia ser mellor que o Soneira no seu paso polo Municipal de Vimianzo. Os barbanzáns, futuros campións da categoría, aproveitaron dúas accións moi afortunadas para levar os tres puntos, mentres que no caso dos costeiros novamente volveu ser determinante a falta de puntería. Nun inicio plagado de incidencias negativas perdeu moitas das súas opcións o equipo local. Pichi introduciría na súa propia portería o balón do 0-1. Un centro sen aparente perigo foi interceptado por Anxo, que sen embargo veu como se lle escapaba o esférico, que batía na perna do canteirán e entraba. Pouco despois, no que era a segunda chegada do seu equipo, David Suárez conectaba un lanzamento sobre o papel sinxelo, que se envenenaba tras tocar nun futbolista soneirán. Pero nin así decaeu o conxunto de Víctor Pazos. Acurtaría distancias pasada a media hora, nun claro penalti convertido por Aarón Fernández. Sen complexos e nada que perder, o Soneira foi descarado nunha reanudación na que Javi, Richi e Óscar de Mamema tiveron opcións clarísimas para acadar, polo menos, a igualada. Lemos 1-0 Sofán Campo: A Pinguela Lemos: Santi, Manu, Borja, André, Mario, Mattheu, Samurio (Petrovic m.75), Lucas Costa (Quiroguita m.57), Jorge Rodríguez, Fernando e Adrián Sofán: Fedeyo, Sito, Iván Rey, Sera, Dani Becerra (Adrián m.65), Seo (Eibe m.83), Fabián, Figueiras (Fran m.65), Raúl (Felipe m.46), Luis e Quintela Árbitro: Otero Domínguez (Vigo). Expulsou a André, do Lemos (m.90). Amonestou a Adrián e Mattheus do Lemos; Fabián, Seo, Sito e Becerra do Sofán Gol: 1-0 m.49 Sito Outra carambola tráxica Non teñen sorte os equipos da Costa na maior parte das accións fortuitas. E senón que llo pregunten ao Soneira ou o ao Sofán, que esta vez caeu por esa desdicha en terras monfortinas e ante o Lemos. Tampouco son as viaxes a terras lucenses do agrado dos representantes da zona, pode que pola 'empanada' do autobús Non foi o mellor encontro do curso para os de Josito, aínda que tiveron oportunidades para revertir a situación e non voltar de vacío. A mellor opción durante o primeiro tempo foi unha asistencia de Damián a Quintela, que con todo a favor estrelou o balón no peito do meta Santi. Os locais pedirían mans do debutante Dani Becerra dentro do área. Xa no segundo acto, e nada máis comezar, Sito firmaba o único tanto da tarde tras berotarll a pelota procedente dun rexeite de Fedeyo, a un balón do propio futbolista. O longeuri negaríalle a Fabián a réplica pouco despois, mentres que Fran disparou demasiado alto. Agrupación Estudiantil de Loimil 2-1 Xallas Campo: San Martiño Estudiantil: José; Jacobo (Gorka, min. 69), Peiteado (Matelo, min. 46), Diego Peña, Pablo Carabán, Fafú (Mateo, min. 81); Colón (Uxío, min. 81), Alberto, Brais Vidal, Brais Calvo; e Juanín (Iker, min. 46) Xallas: Julián; Cristian, Martín Barreiro, Brais López (Luisito, min. 61), Rubio (Tuñas, min. 84); Fernando, Canedo; Marcos (Kevin, min. 75), Doro, Anxo (Camilo, min. 69); e Róber Pladur Árbitro: Valín González (Vigo). Amonestou a Fafúy e Peiteado do Estudiantil; Martín Barreiro e Brais López do Xallas Goles: 1-0 m.12 Jorge Colón; 1-1 m.22 Róber Pladur; 2-1 m.76 Iker A nivel de 'gallito' Escapouselle ao Xallas un punto no campo do Agrupación Estudiantil, segundo clasificado e agora mesmo conxunto de Terceira División. Os combeses competiron ao grande ante un rival que se mimetiza co seu campo e que apreta e moito. Saíron dominadores os locais, que avisaron cunha chegada de Juanín ben sacada por Julián. O meta non podería, sen embargo, con tiro cruzado de Colón pasados aínda os dez primeiros minutos de encontro. Eran protagonistas os futbolistas da factoría do Conxo, e un deles, Róber Pladur, neutralizou o tanto doutro 'tolo' da vila santiaguesa para equilibrar, á saída dun córner. Foi chave a entrada de Iker no terreo de xogo, que fixo mellor ao Estudianitl. Avisou ata en dúas ocasións o veloz atacante, antes justo de recuperar un balón na medular e definir con mestría ante Julián.

Comentarios