Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Preferente: Cómodos no pelotón

Preferente: Cómodos no pelotón
Choque do Sofan en Arteixo Choque do Sofan en Arteixo Vitoria e derrota para Xallas e Sofán na 18ª xornada da Preferente Norte. Os carballeses non puideron facer nada na mañá dominical en Arteixo, mentres que o cadro xalleiro, na estrea de Pablo Otero, firmou unha boa vitoria asinada na seguunda metade ante un dos equipos da zona baixa. Con estes resultados os dous equipos fican no pelotón da táboa, pos do 6º (Ribadeo con 28 puntos) ao 17º (Órdenes con 19) hai apenas 3 partidos de diferencia.  

Arteixo - Sofán (3-0)

  • Sofán: Rumbo, Sera (Juanjo, m.78), Pablo, Rubén (Jonathan, m.74), Antonio, Canedo, Eibe, Fabián, Camilo, Luis (Matías, m.55) e Raúl (Quintela 61)
  • Goles: 1-0, m.73: Santi; 2-0, m.75: Denis; 3-0, m.89: Denis.
Decidiuse o choque da Ponte dos Brozos nos últimos 15 minutos tras un choque tremendamente igualado que puido caer de calquera lado. De feito, os carballeses, da man de Luís, dominaron a primeira metade e tiveron as mellores ocasións, como un tiro do propio Luís e un gol anulado a Raúl por unha suposta falta ante a sorpresa do cadro sofanista. Tamén os locais chegaron pronto e mesmo dispuxeron dunha pena máxima que Rumbo lle parou a Nano. Na segunda volvía o Sofán entrar ben por bandas, pero non chegaba o gol e parecía claro que o primeiro erro ou o primeiro gol ía decidir o partido. E así foi, chegou o primeiro, de córner, e de contado o segundo para sentenciar o partido e deixar o cadro de Iván Cancela sen premio.

Xallas - Agolada (3-1)

  • Xallas: Julián; Christian, Rubén, Alex Canedo, Danny; Doro, Óliver (Iago, m.80), Julián, Abel (Carlos, m.15); Alex Blanco (Marcos, m.60), Iván.
  • Goles: 0-1, m.60: Pereiro dende 30 metros; 1-1, m.62: Danny; 2-1, m.64: Álex Canedo; 3-1, m.80: Marcos a pase de Christian.
Comenzou ben o novo Xallas de Pablo Otero, que avisaba por medio de Iván. Pero de aí ao descanso o choque convertiuse nun soso xogo no medio campo con apenas un par de accións a balñon parado para chegar á área rival. Nada máis comezar a segunda adiántase o Agolada cun golado dende 30 metros ante o que Julián nada pode facer. Pero o Xallas reaccionou, e de que xeito, pois en 4 minutos xa lle dera a volta ao marcador. De aí ao remate houbo máis ocasións pero foi a conexión MZ a que sentenciou o choque a falta de 10 para o final, cun pase de Christian a Marcos que sentencia o partido.  

Comentarios