Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Preferente: Derbi con consecuencias en Vimianzo

Preferente: Derbi con consecuencias en Vimianzo

Xornada 9 na Preferente Norte e xa temos as primeiras consecuencias. A derrota do Soneira na casa ante o Dumbría provocou a dimisión do míster Manolito. Unha decisión que xa viña rondando nas últimas semanas pola súa cabeza, e que trala derrota do domingo se fixo efectiva.

Entrementres o Santa Comba segue moi forte mentres que o Xallas tamén continúa en liña moi positiva e deixou unha imaxe inmellorable en Laracha, malia que se deixou 2 puntos no campo bergantiñán.

Soneira - Dumbría (1-2)

  • Soneira: Fran, Pablo, Vecino, Modesto, Ferreiro, Jorge Vigo (Iago, min.65), Míchel, Santi, Víctor García (Mayor, min.75), Kike (Fran de Urroa, min.75), Brais.
  • Dumbría: Sergio, Tantán (Riki, min.80), Poyo (Alberto, min.60), Suso, Aarón Fdez., Aarón López, Adrián Mackaay, Schuster, Iago, Eloy (isma, min.46), Cacho (Luís, min.46).
  • Goles: 0-1, min.61: Luisito a centro de Iago; 0-2, min.65: Iago de disparo raso dende a frontal; 1-2, min.82: Míchel de penalti.

Derbi con consecuencias por Vimianzo. A vitoria do Dumbría, que tivo algo máis de sorte, provocou a dimisión de Manolito, que deixa en cadro aos soneiráns, pois neste momento da temporada vai ser difícil atopar un susbtituto da súa calidade. Ademais a vindeira semana o Soneira visita San Lázaro...

No meramente deportivo, o Soneira comezou mellor colocal e Jorge nun balón ao segundo pao, e Kike nun man a man, puideron poñer por diante aos locais. Pero o meta Sergio estivo moi acertado. Marcharon ao descanso co empate a cero e en 10 minutos o Dumbría deu un volco ao marcador. Foi Luisito quen puxo por diante aos dumbrieses no min.60, xa cando o partido amosaba unha cara máis igualada. Non pasaron 4 minutos para que o eterno Iago marcase cun tiro raso e axustado dende a frontal.

Intentaba temporizar o Dumbría mentres que o Soneira foise arriba. Pero xusto cando comezaban a crear perigo os soneiráns volveu a chuvia e o campo quedou totalmente abnegado. Tan só de penalti recurtou Míchel para o cadro local, que non puido crear perigo polo estado do terreo de xogo, e só, a base de empuxe, o intentaron con balóns aéreos aos que responderon a defensa visitante.

Laracha - Xallas (1-1)

  • Xallas: David, Ismael, Iván Forján, Dani Becerra, Rubio, Martín (Álvaro Cancela, min.86), Rubén Forján, Brais (Ricardo, min.54), Adrián Beiroa, Luís (Iván Amor, min.75), Alexandre (Adrián Prol, min.66).
  • Goles: 0-1, min.49: Adrián Beiroa nunha xogada de extratexia nunha falta lateral; 1-1, min.79: de falta tras botar o balón diante de David e facerlle aquaplanin.
  • Expulsión: un xogador local por un puñetazo a Becerra.

Quedou sen 2 puntos o Xallas tras facer un partidazo ante todo un Laracha que se atopa 4º na táboa. Foi o mellor partido da temporada dos de Iván Cancela e mereceron en todo momento levar a vitoria. Na primeira metade os xalleiros enviaron 2 balóns ao pao, un por medio de Luís e outra tras un centro chut de Adrián Beiroa. Xa ao descanso o marcador debería ter reflexado a diferencia. Pero non variou ata o 5 minutos tralo descanso, cando Adrián Beiroa remata unha xogada de estratexia tras unha falta lateral.

Non variou o esquema o cadro visitante, que ademais se vía con superioridade numérica trala expulsión dun xogador local. De feito, tiveron dous balóns a "bocajarro" que puideron ser a sentencia, con Rubén Forján que remataba e petaba nun defensa baixo paos, unha de Luís que paraba o porteiro in extremis e outra de Rubio.

Pero deixaron vivos aos locais e contra o final, en practicamente o único tiro dos laracheses, acadaban un inxusto empate.

Santa Comba - Unión (4-0)

  • Santa Comba: Diego, Chinda (David Blanco, min.60), Roberto, Ángelo (Óscar, min.63), Gonzalo (David Agra, min.73), Jota, Doro, Toni, Noli, Colón (José Ángel,min.82), Pablo Baña.
  • Goles: 1-0, min.25: Noli; 2-0, min.36: Pablo Baña; 3-0, min.50: Noli; 4-0, min.75: Colón.

Vitoria cómoda en Fontenla dos de Gelucho, cun resultado que puido ser algo máis abultado, sobre todo na primeira metade. E iso que o Unión puido recurtar tralo descanso, xa co cadro xalleiro algo máis relaxado, pero Diego fixo dúas grandes intervencións que mantiveron a distancia. Destacar ademais que o cadro laranxa rematou este encontro con 11 sobre o terreo de xogo.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios