Martes. 23.04.2024
El tiempo

Preferente: Milagre á hora da misa

Preferente: Milagre á hora da misa
O Soneira conquistou Ponte dos Brozos no madrugón dominical, e comulgou por primeira vez esta tempada; menos sorte tiveron Xallas e Sofán Elmer, do Laracha, pelexa con Raúl - Foto: SD Sofán Elmer, do Laracha, pelexa con Raúl - Foto: SD Sofán Sofán 1-4 Laracha Houbo intensidade no Carral - Foto: SD Sofán Houbo intensidade no Carral - Foto: SD Sofán Campo: O Carral Sofán: Fedeyo (David Insua m.66), Sito (Álex Figueiras m.75), Iván Rey (Quintela m.46), Rubén, Félix, Fabián, Eibe, Sera (Iván Rojo m.46), Luís, Raúl e David Mespollet Laracha: Álex Lopez, Iván, Rebollo, Adriá Bouza, Antonio, Héctor, Elmer, Rebolo (Mario m.84), Alexandre (Souto m.56), Taibo (Patiño m.86) e Dani Bea Árbitro: Mariño Rodríguez (A Coruña). Expulso a Fabián do Sofán e a Dani Bea do Laracha, co partido case finalizado. Amonestou a Taibo e Iván, do Laracha Goles: 0-1 m.15 Adrián Bouza; 1-1 m.48 Raúl, de penalti; 1-2 m.65 Jorge Rebollo; 1-3 m.67 Miguel Taibo; 1-4 m.75 Dani Bea; 1-5 m.80 Miguel Taibo Un cuarto de hora de terror herculino O Sofán sempre enche o Carral-Foto-SD O Sofán sempre enche o Carral-Foto-SD Os xogadores da cidade da Coruña Jorge Rebollo, Miguel Taibo e Dani Bea, do Calasanz os dous primeiros e o Ural o terceiro nas súas orixes, mataron ao Sofán no que ía da hora de encontro ao epílogo. Un primeiro tempo igualado e só desequilibrado polo tanto visitante de Adrián Bouza deu paso a unha reanudación de fe sofanista, primeiro grazas ao empate e depsois ás sensacións. Sen embargo, a pegada visitante acabou por ser un baño de realidade.
  Arteixo 1-2 Soneira Ponte dos Brozos de Arteixo luciu coma sempre - Foto: SD Soneira Ponte dos Brozos de Arteixo luciu coma sempre - Foto: SD Soneira Campo: Ponte dos Brozos Atlético Arteixo: José; Borja (Iván, min 71), Pablo, Chote, Aless; Chechu, Novelle (Pupo, min 58), Gueri (Otero, min 77), Denis; Marcos Suárez (Tomás, min 84) e Pesco Soneira: Anxo; Brais, Jota, Aarón Fernández, Oscarín; Rubén Forján, Mayor (Óscar de Meama, min 31), Sandelo, Alberto Vía (Darío, min 89); Javi (Dani Casal, min 84) e Basti (Pichi, min 65) Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Goles: 0-1 m.70 Brais Mouzo; 0-2 m.74 Oscarín; 1-2 m.82 Denis Cousas que só o Soneira sabe facer Despois de ter deixado escapar vitorias de prestixio, vai o Soneira e se pasea por Ponte dos Brozos, ante un Atlético Arteixo plagado de nomes ilustres e aspiracións. Os vimianceses compretaron un encontro case redondo, de oficio e de sacudirse as pantasmas de enriba. Sen ter obsesión polo balón, os de Manolito agardaron á súa, e esta chegou pasada a hora de partido, tras un disparo de Rubén Forján con rexeite ben aproveitado polo porteño Brais Mouzo. Cinco minutos despois, o combés Oscarín facía o segundo. As dúbidas chegaron só co recurte de distancias do local Denis.   Xallas 2-4 Bertamiráns Campo: A Fontenla Xallas: Julián, Rubio, Brian, Brais (Luisito m.62), Martín Barreiro, Canedo (Fernando m.65), Doro, Jesús, Álex Blanco (Róber m.29), Kevin (Camilo m.65) e Marcos Bertamiráns: Borja, Saúl, Agustín, Borja, Coqui, Alvite (Sebas m.85), Iñigo, Adan, Uxío (Calderón m.70), Adri, Rial, Ponferrada (Capi m.65) Árbitro: Miño Pico (Santiago). Goles: 1-0 m.22 Rubio; 1-1 m.44 Agustín; 1-2 m.51 Iñigo; 1-3 m.58 Iñigo; 1-4 m.64 Rial; 2-4 m.86 Marcos Sen profetas na terra Retornaba o Xallas á Fontenla, e o desenlace non pudo ser peor. A pesares dunha notable superioridade na primeira hora de encontro, os combeses regresaron a casa sen bagaxe positiva. Rubio certificaba a superioridade, a centro de Brian, pero unha falta ao borde do intermedio, con remate a gol, compricaba todo. Xa no segundo acto, unha 'pájara' dun cuarto de hora borrou definitivamente calquera plan.

Máis información

Comentarios