Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Preferente Norte: contundente goleada do Sofán e inesperada derrota do Xallas

Preferente Norte: contundente goleada do Sofán e inesperada derrota do Xallas
S.D. SOFÁN 4 - S.D. AGOLADA 0 S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Iván Rey (Juanjo 60´), Sera, Rubén, Antonio, Pablo Domínguez (Luis 72´), Jonathan (Canedo 65´), Eibe, Fabián, Alexandre e Raúl (Matías 71´) GOLES: 1-0 7´Raúl 2-0 15´Pablo Domínguez 3-0 65´Fabián 4-0 88´Matías Cómoda vitoria da Sd no Carral onde se está a mostrar intratable. Pronto encarrilou o encontro o conxunto de Cancela. Despois dunha clarísima ocasión de Fabián que sacou o meta visitante, nun córner chegou o gol de Raúl. Pouco despois unha contra levada por Alexandre, con disparo de Eibe que rexeitou Rafa aproveitouna Pablo para poñer o segundo tanto. Puido aumentar a conta a Sd en sendos disparos de Pablo e de Fabián os paos. Tras un primeiro tempo de dominio da Sd o resultado era 2-0. No segundo tempo o Agolada tivo máis o balón pero a Sd defendeuse con solvencia e apenas pasou apuros. O gol tonto da tempada chegou ós 65 minutos. Rumbo manda un balón longo, impulsado polo aire bótalle ó meta visitante, este lograo despexar pero quédalle a Fabián para que marque sen oposición. Matías redondeou a goleada cando o encontro esmorecía. XALLAS F.C. 1 - C.D. FOZ 2 XALLAS FC - Julián Couto, Cristian, Dani Becerra, Alex Canedo, Rubén (Jacobo 51´), Abel, Iago Garrido, Doro, Julián López, Marcos (Carlos Rieiro 62´) e Iván González GOLES: 0-1 43´Dani Chao   1-1 53´Iván González   1-2 77´Pablo Inesperada derrota do Xallas no seu campo ante o Foz, un dos equipos que ocupa plazas de descenso por arrastres agora mesmo. O Xallas viña de facer 4 puntos nas semanas pasadas, pero viu como os visitantes, moi intenso e con contras moi rápidas se adiantaron no marcador pouco antes do descanso por medio de Dani Chao. O mal tempo condicionou bastante o partido, non permitindo facer ós xalleiros o seu habitual fútbol. No segundo tempo estiveron a favor de vento e atacaron con máis insistencia. Á saída dos vestiarios acosou o Xallas e atopou o empate cun gol do goleador xalleiro Iván González, ó rematar unha falta sacada por Iago Garrido. O dominio do Xallas foi insistente, encerrando os visitantes no seu campo. Cando os locais buscaban a vitoria víronse sorprendidos polo tanto de Pablo, que supoñía o 1-2 que foi o marcador definitivo.

Comentarios