Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Preferente Norte: dúas dolorosas derrotas

Preferente Norte: dúas dolorosas derrotas
AT. ARTEIXO 2 - XALLAS C.F. 1 XALLAS CF: Julián Couto, Madiop, Rubén (Marcos 80´), Dani Becerra, Alex Canedo, Iago Garrido (Abel 72´), Doro, Oliver (Cristian 46´), Baba, Iván (Carlos Rieiro 86´) e Julián López GOLES: 1-0 12´Geri de penalti   1-1 80´Dani Becerra   2-1 90´Denis O Xallas volveu a caer, esta vez de maneira moi dolorosa, no tempo de desconto cun gol de Denis. O inicio do encontro foi local claramente, cun Xallas moi replegado. Un penalti sobre Manjarín transformouno Geri no primeiro tanto. Puido empatar Madiop pero marrou o man a man ante Jose. Tamén Julián López, pero a súa vaselina marchou por enriba do pao longueiro. Anulouse un gol a Josito por parte do Arteixo na reanudación, e Iván González tivo unha gran ocasión nun remate de cabeza que detivo Jose. Foi Dani Becerra cun tremendo disparo dende cuarenta metros que entrou por toda a escadra o que igualou a contienda, e puido anotar o segundo Marcos pero o meta Jose estivo unha vez máis providencial. E cando xa se daba por bo o empate Denis aproveitou un erro defensivo e levou a desesperación ás filas xalleiras. RIBADEO C.F. 2 - S.D. SOFÁN 1 SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén (Juanjo 73´), Canedo, Eibe, Fabián, Alexandre, Matías e Quintela (Camilo 59´) GOLES: 1-0 5´Luki 1-1 58´Fabián 2-1 63´Antonio en pp Incrible derrota a da Sd na mañá de hoxe en Ribadeo. O equipo local apenas inquedou a Rumbo, estivo maniatado polo bo xogo da Sd, que marrou numerosas ocasións de gol e acabouno pagando. O inicio de encontro pillou despistados ós sofanistas, que encaixaron pronto o tanto de Luki nun balón morto dentro da area. Pero a partir de ahí o campo volcouse cara a outra portería. Un roubo de Canedo no 10´rematouno frouxo Fabián, e o propio Canedo disparou á reviravolta a rentes do pao. Sera ós 14 rematou fora un córner, e o central Antonio tivo que cortar un perigoso centro de Aitor nunha contra local. O ritmo era alto, e Eibe tivo a mellor ocasión do primeiro tempo nun disparo dunha falta escorada que dou no pao. No inicio do segundo tempo máis do mesmo. Rumbo detivo sen problemas un remate de Poratti, pero era a Sd quen seguía buscando o empate. Un pase de Quintela deixou a Fabián diante de Hugo e o medio anotou o tanto do empate. Pero no colmo da mala fortuna, no seguinte córner Antonio introduciu o balón na propia portería no que sería o gol definitivo. Puido sentenciar Criss nun man a man con Rumbo. Tivo a Sd a igualada nos intres finais, primeiro nun disparo de Quintela e logo nun remate de Canedo sobre o tempo que sacou Hugo cunha man providencial, dando unha inxusta vitoria ós locais.

Comentarios