Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente Norte: goles e emoción en tódolos campos

Preferente Norte: goles e emoción en tódolos campos
XALLAS F.C. 5 - C.D. CASTRO 4 O Xallas sufriu sorprendentemente ante o Castro XALLAS F.C. - Julián Couto, Jacobo, Rubén, Alex Canedo, Santi (Abel 60´), Madiop, Doro (Alex Blanco 81´), Julián López, Iago GArrido (Eloy 77´), Marcos ( Cristian 71´) e Iván González GOLES: 1-0 3´Santi   2-0 5´Iván   2-1 7´Pablo   3-1 15´Iván   3-2 16´Javi Fraga   4-2 20´Iván   4-3 61´Hugo Buíde   4-4 68´Dumi   5-4 89´Iván Vaia espectáculo de goles en Fontenla. En apenas 20 minutos anotáronse 6 tantos, e o Xallas tivo que esperar ó último minuto nunha afortunada tarde do seu goleador Iván González para derrotar ó Castro. Santi, que debutaba, anotou á saída dun córner, e Iván tras regatear ó porteiro anotou o segundo. Parecía un partido de coser e cantar para o Xallas, pero o Castro revolviuse, e sempre por debaixo non se rendeu. Doro aínda tivo tempo de mandar un balón ó pao. Ó descanso o encontro parecía sentenciado pero nada máis lonxe da realidade. O Castro recortou distancias, marrou un penalti e empatou no 68. E a partir de ahí, a sufrir, pero un centro de Madiop mandouno Iván González ás mallas dando a primeira vitoria ós verdes. S.D. SOFÁN 2 - NOIA C.F. 3 O Sofán tivoo na man pero deixou marchar a vitoria nos últimos intres - FOTO LUIS GONZÁLEZ S.D. SOFÁN - Javi Rumbo, Sera (Iván Rey 46´), Pablo Domínguez, Antonio, Félix, Canedo, Jacobo Eibe (Rubén 88´), Fabián, Alexandre, Quintela (Camilo 46´) e Raúl (Matías 80´) GOLES: 0-1 6´Stefan 1-1 61´Alexandre 2-1 64´Raúl 2-2 80´Quintairos 2-3 89´Angelo Fóronse os puntos do Carral sobre a hora e de maneira inxusta. A Sd xogou un gran partido ante un auténtico equipazo ó que tivo contra as cordas, pero non soubo rematar. Cando perdoas págalo. De inicio un golazo de Stefan, cun tiro de 30 metros, dou vantaxe ó Noia, que puido aumentar cun disparo de Jacobo Tato ó longueiro. A ocasión máis clara dos locais no primeiro tempo foi un pase de Eibe a Quintela que este non soubo definir ante Pajarillo. O segundo tempo foi de acoso total da Sd dende o inicio. Alexandre anotou a igualada case sen ángulo, e pouco despois Raúl rematou ás mallas un centro no segundo pao. Unha falta de Eibe no borde da area petou na escadra no que puido ser a sentencia, e pouco despois un bo centro de Stefan rematouno Quintairos a gol. Tivo Alexandre o terceiro pero no man a man con Pajarillo non foi quen de superalo, e cando o partido acababa un balón parado rematado sin ángulo por Ángelo daba unha inxusta vitoria ós visitantes.

Comentarios