Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Dumbría agárrase á categoría

Preferente Norte: o Dumbría agárrase á categoría
C.F. DUMBRÍA 2 - BETANZOS C.F. 1 O Dumbría segue na súa loita C.F. DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Yuyo 62´), Mataso, Matías, Julito (Fabio 55´), Aarón, Marcote (Mackay 67´), Iago, Iván González (Martín 83´), Cespón e Pesco GOLES: 1-0 13´Cespón   1-1 63´Cristian   2-1 71´Mackay de pti Expulsado Pesco no minuto 90. O Dumbría sumou tres necesarios puntos ante un rival directo como o Betanzos no Conco, nun partido que debe servir como trampolín para os de Nacho no renacer das esperanzas de salvación. A situación dos arrastres de 3ª parece que mellora, e o Dumbría agárrase as súas últimas opcións con vitorias como estas. Adiantou ós do Conco Diego Cespón ó cuarto de hora. Igualou o Betanzos pero Adrián Mackay, que saíra facía pouco substituíndo a Marcote, tivo a sangue fría necesaria para transformar un penalti co que foi castigado o cadro betanceiro e así poder levarse os puntos os locais. S.D. SOFÁN 3 - S.D. DUBRA 1 Sera xogou un gran encontro no centro da defensa S.D.SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Sera, Jonathan, Fabián, Matías (Juanjo 76´), Luis (Adrián 86´), Quintela (Sito 84´) e Raúl (Alexandre 66´) GOLES: 1-0 43´Jonathan 2-0 50´Quintela 2-1 75´Gonzalo 3-1 89´Iván Rey Pelexouse en todas as zonas do campo Xogou un gran partido o conxunto de Cancela para levarse tres importantísimos puntos ante o correoso Dubra, un dos equipos máis duros da categoría. De inicio mandou a Sd, aínda que o encontro era moi táctico. Ós 9´Quintela mandou alto cando estaba só na area. Á media hora unha boa deixada de Luis rematouna Jonathan fora, pero o centrocampista non perdoou a pouco do descanso, nun balón que pelexou Quintela e o 17 rematouna a gol. Á volta do descanso tivo Raúl a súa, nunha gran xogada do dianteiro, pero Coutinho sacou unha gran man. Pouco despois unha xogada individual de Matías acabou no segundo tanto da Sd. Tivo Adrián Vázquez unha boa opción que sacou Rumbo. Matías, Quintela e Pablo Domínguez, este de falta, puideron sentenciar, pero o gol de Gonzalo tras peinada de Caneda levou o susto á grada. Iván Rey con tempo cumplido anotou o terceiro e a afección respirou tranquila. XALLAS F.C. 0 - AG. ESTUDIANTIL 0 O Xallas segue en boa xeira XALLAS: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra, Raúl Añón, Alex Canedo, Marcos (Puyi 88´), Julián López, Camilo (Kevin 71´), Alex Blanco e Uxío (Abel 80´) Sacou un bo empate o Xallas ante o perigoso Estudiantil de Gelucho. O primeiro tempo foi aburrido, cun disparo de Brais Calvo que sacou Julián como única ocasión. O Xallas no segundo acto tentouno máis, e un bo pase de Marcos deixou a Alex Blanco só diante do porteiro pero o dianteiro non anduvo fino para definir. O gardameta visitante rexeitou un disparo de Abel, e antes do final o visitante Alberto disparou dende trinta metros pero Julián respostou ben. Xusta igualada entre dous equipos moi parexos.

Comentarios