Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Sofán gana, o Xallas perde

Preferente Norte: o Sofán gana, o Xallas perde
S.D. SOFÁN 4 - C.D. CASTRO 1 FOTO LUIS GONZÁLEZ: Sera anotou o tanto do empate, cheo de forza e garra S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén (Fabián 58´), Canedo, Eibe (Jonathan 79´), Alexandre, Quintela (Iván Rey 72´), Parafita (Matías 82´) e Raúl GOLES: 0-1 49´Javi Fraga 1-1 60´Sera 2-1 80´Canedo 3-1 84´Canedo 4-1 88´Matías Levouse a SD un partido máis sufrido do que di o marcador, pois os visitantes se adiantaron, o colexiado expulsou a Raúl de maneira moi rigurosa, pero cando peor pintaba a SD fixo uns 30 minutos finais arrolladores, anotou 4 tantos e puido marcar algún máis. O Castro xogou moi replegado todo o partido, pero tivo a primeira ocasión nun disparo de Pablo Navia que saíu a rentes do pao. A partir de ahí a Sd dominou claramente o xogo. Parafita tivo a ocasión máis clara, nun remate na area pequena que sacou Josema. Contra a media hora dous remates de Raúl, un a pase de Alexandre e outro nunha gran volea, estiveron a piques de ser gol. Pero chegouse con empate ó descanso. No segundo tempo sucedeu todo. Un balón á espalda da defensa acabou no gol visitante. E en dúas accións moi extrañas Raúl foi expulsado. A Sd recompuxo liñas, empatou a balón parado e despois foi un ciclón. Un gran centro de Alexandre con remate de Canedo foi o 2-1, e outro xogadón con centro de Fabián anotouna Canedo en plancha. Matías disparou ó pao, antes de anotar o seu gol a pase de Iván Rey. FOTO LUIS GONZÁLEZ: A saída de Fabián revolucionou o partido BOIMORTO C.F. 1 - XALLAS C.F. 0 XALLAS C.F.: Julián Couto, Rubén, JAcobo, Dani Becerra, Baba, Oliver (Abel 72´), Marcos (Madiop 46´), Julián López, Alex Blanco (Iago 46´), Doro e Iván González (Eloy 84´) GOL: 1-0 60´Figu Un gol de Figu nun erro xalleiro serviu para que os de Santa Comba non puideran traer ningún punto da sempre incómoda saída a Boimorto. Nun encontro sen moitas ocasións, propio dos inicios de tempada nos que nos atopamos, o Xallas tivo unha clara opción no primeiro tempo, pero un pase de Julián sobre Iván non foi quen o dianteiro de Noia de convertelo en gol. O home máis destacado dos locais, o extremo Andrés Pardo, foi un pesadelo para os xalleiros. Aínda así os de Néstor controlaron ben o partido pero nunha contra dos locais o seu extremo Figu anotou o único tanto do encontro. Non foi quen o Xallas de igualar a pesar de intentalo nos minutos finais.

Comentarios