Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán estira a táboa

Preferente: O Sofán estira a táboa
Sofan-Boimorto no Carral Sofan-Boimorto no Carral

Ponse na cabeza do grupo da zona media a SD Sofán para rematar a primeira volta despois de vencer un partido moi importante ao Boimorto para seguir respirando tranquilo. Os de Iván Cancela quedan agora na 6ª praza, con 29 puntos, lonxe do 5º (O Noia ten 37), pero é que o 17º está a só 9 puntos. A 4 do cadro carballés queda o Xallas despois de empatar ante un rival da zona morna como o At. Coruña Montañeros.

Ningún dos dous se poden despistar porque, ademais dos 3 de abaixo, o resto de prazas de arrastre van estar caras.

At. Coruña Montañeros - Xallas (0-0)

  • Xallas: Julián; Christian, Rubén (Jacobo, m.76), Danny, Alex Canedo; Iago, Doro, Marcos, Julián; Alex Blanco (Óliver, m.62) e Iván.

Os locais dominaron xogo, ante un Xallas que só conseguía manter o balón nos pés de Julián. O cadro local avisaba pronto e xa no primeiro minuto o meta Julián tiña que salvar un un para un. Así e todo, ao longo da primeira metade os de Pablo Otero mantivéronse ordenados e defendendo con sacrificio ante a velocidade dos locais.

Na segunda metade o Montañeros dominaba con máis insistencia, ainda que adolecía de pegada no remate, a non ser un tiro de Herbert desde a frontal que pega no largueiro, así coma outra acción do mismo xogador, que casi sorprende a Julián desde o medio campo.

Meritorio empate colleitado na grela para seguir ca dinámica positiva dos últimos encontros.

 

Sofán - Boimorto (4-1)

  • Sofán: Javi Rumbo, Iván Rey, Sera, Rubén (Juanjo, m.70), Antonio, Camilo (Quintela, m.68), Canedo, Eibe (Jonathan, m.75), Fabián, Luis (Matías, m.65) e Raúl
  • Goles: 1-0, m.10: Raúl; 2-0, m.26: Fabián; 2-1, m.50; 3-1, m.75: Quintela; 4-1, m.88: Matías.

Non falla o Sofán no Carral, que a base de eficacia e seriedade defensiva segue sacando os partidos adiante. O partido púxose de cara da man do de sempre, un Rául eternamente namorado do gol, que necesitou dous remates para batir ao meta visitante. O Boimorto estirábase pero nun erro do meta Fabián aproveitaba para facer un doloroso 2-0. Antes do descanso o Boimorto puido recurtar pero Rumbo estivo fino.

Si recurtou nada máis comezar a segunda metade, nunha xogada a balón parado. Pero a SD non se desaxustou e aguantou as acometidas, aproveitando ademais as súas opcións para sentenciar o partido no treito final.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios