Martes. 23.04.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas xoga a 'eu nunca'

Preferente: O Xallas xoga a 'eu nunca'
Rachou o conxunto cambés a condición de invicto do Escairón coma local, además da xeira de catro triunfos consecutivos dos monfortinos; menos sorte correu un Soneira que tivo os tres puntos no peto, mentres que o Sofán segue a sumar sofan2 Sarriana 3-3 Soneira Campo: A Ribela Sarriana: Javi Pita; Luisma, Bryan (Hugo m.67), Muñiz, Alami; Raúl, Fran, Calci (Monchito m.85), Samos; Fran Pastor e Marino Soneira: Anxo; Rubén Forján, Jota, Aarón Fernández, Brais; Mayor, Sandelo (Darío m.72), Alberto Vía, Javi (Dani Casal ,-85); Basti (Óscar de Maema m.69) y Pichi (De la Sierra m.72) Árbitro: Otero Domínguez (Vigo). Amonestou a Vilela da Sarriana e Jota do Soneira Goles: 1-0 m.5 Calci; 1-1 m.17 Alberto Vía; 1-2 m.26 Mayor, de penalti; 2-2 m.76 Samos; 2-3 m.86 Jota; 3-3 m.92 Luisma O eterno 'ui' Enésimo encontro que se lle escapa ao Soneira cando saboreaba o triunfo e sentía premiado o seu esforzo. Os vimianceses dominaron durante moitas fases do encontro a un cadro lucense que se adiantaría, non obstante, moi cedo. Calci aproveitaba unha segunda xogada e un rexeite para darlle unha dura 'benvida' aos costeiros. Non minou a moral dos pupilos de Manolito, que empezarían un novo partido e terminarían por adueñarse dos tempos. Vía, cun 'rachonaso' (como diría Javi) enviaría un fax á escuadra reclamando e acadando a igualada, mentres que pouco despois outro disparo lonxano pegaba na man de Muñiz e provocaba un penalti convertido por Mayor. Co novo guión o Soneira adicouse a reducir espazos e buscar sorprendar á contra. Perdoaría un penalti o local Marino, aínda que a resistencia empezaba a poñerse moi difícil. Igualou Samos a falta dun cuarto de hora tras unha boa acción colectiva. Cando parecía unha invitación a sufrir, o Soneira renaceu de novo e Jota inventouse un disparo para facer o terceiro e puntear un triunfo sudadísimo. Pero co tempo xa cumprido, unha relaxación defensiva con balón morto no área permitiulle a Luisma facer un finalmente frustrante 3-3. Atlético Escairón 0-2 Xallas O Xallas acadou un triunfo que non entraba en moitas quinielas - Foto: Xallas FC O Xallas acadou un triunfo que non entraba en moitas quinielas - Foto: Xallas FC Campo: O Saviñao Atlético Escairón: Guilherme, Castro (Félix m.46), Rubén, Cidre, Iago (Iván Cabo m.60), Basán, Aitor (Anxo m.24), Rubén Diaz (Quiroga m.46), Denis, Iván González, Marzán e Pandiani Xallas: Julián, Bryan, Rubio, Brais, Canedo, Doro (Romero m.92), Fernando Varela, Martín Barreiro, Camilo (Marquiños m.65), Róber Pladur (Anxo m.73) e Kevin Árbitro: Mazarra Rodríguez (Ourense). Expulsou a Quiroga, do Escairón. Amonestou a Cidre y Marzán do Escairón; Martín Barreiro do Xallas Goles: 0-1 m.11 Róber Pladur; 0-2 m.44 Doro, de penalti O que ninguén conseguira Unha xeira de catro vitorias seguidas e ningunha derrota no seu propio feudo presentaba o sorprendente Atlético Escairón, que sen embargo terminaría por ser víctima da mellor versión (con permiso da cita ante o Arteixo) do Xallas. Os combeses parecen ter dado coa fórmula e a dosis de confianza necesarias, e na comarca de Lemos sairon a dominar. Atoparía o premio á valentía ao pouco de cercar a meta de Guilherme, cun testarazo perfecto do esteirán Róber Pladur. Nin a vantaxe variou un prantexamento que convertía á sorpresa do curso nun xoguete nas mans xalleiras, on fire nesta semana. Psicolóxico e chave resultou o penalti antes do intermedio forzado e convertido por Doro, debido ás mans dun futbolista rival. Sería unha invitación a desnudar entramados tácticos a reanudación, cos dous conxuntos xerando ocasións de todo tipo e dando pé a mil variantes no marcador. Ao final, non se deu nin a primeira. Sofán 1-1 Bertamiráns Adaptouse ben o Bertamiráns ao Carral - Foto: SD Sofán Adaptouse ben o Bertamiráns ao Carral - Foto: SD Sofán Os carballeses adiantáronse no marcador - Foto: SD Sofán Os carballeses adiantáronse no marcador - Foto: SD Sofán Campo: O Carral Sofán: Fedeyo, Iván Rey, David Mespollet (Adrián m.87), Félix, Sito, Brais (Eibe m.76), Fabián (Seo m.89), Álex Figueiras (Fran m.88), Iván Rojo, Quintela e Raíl. Bertamiráns: Borja, Saúl, Borja Collar, Alfonso, Kevin, Rial (Bruno m.90), Adan, Vidal (Iñigo m.72), Calderón (Alvite m.81), Miguel e Cea (Jorge Martínez m.62) Árbitro: Quintás Lorenzo (Lugo). Expulsou a Saúl do Bertamiráns (m.79). Amonestou a Iván Rey e Adrián do Sofán; Adán, Collar, Rial e Cea do Bertamiráns Goles: 1-0 m.24 Raúl, de penalti; 1-1 m.74 Calderón Xustiza entre especialistas Poucos equipos se adaptarían tan ben ao campo do Carral coma un Bertamiráns con similares características no seu feudo. Apenas houbo movementos nas áreas nunha primeira metade desputada e intensa. Raúl adiantaría aos locais no ecuador, ao transformar unha pena máxima. Sorprenderían os de Josito á volta de vestiarios, cando xeraron dúas ocasións francas en botas do goleador da tarde e de Quintela. Pero sería o Bertamiráns o que, a base de paciencia e bo facer, equilibraría. Chegaría o gol á saída dun córner, con remate de Calderón. A case inmediata expulsión de Saúl freou a iniciativa santiaguesa e deu paso a un acoso sen derribo final por parte dun novamente moi competitivo Sofán.

Comentarios