luns. 11.11.2024
El tiempo

Preferente: Reciprocidade involutiva

Preferente: Reciprocidade involutiva
Imaxe do gol dumbries ante o Xallas-Foto-Xallas Imaxe do gol dumbriés ante o Xallas-Foto-Xallas

Non sacaron demasiado en limpo Dumbría e Xallas, cun punto que no aporta á súa loita por escapar dos postos de descenso. Ante máis de 300 seareiros, polo menos deixaron un espectáculo interesante, de alternativas no xogo.

Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Dumbría 2-2 Xallas

  • Campo: O Conco.
  • Dumbría: Iván, Alcaina (Iago García 93), Raúl (David Carreira m.58), Jose, Pablo Conde, Aarón, Brais (Juan m.68), Jano, Jesús (Denís m.86), Iago e Diego Cespón (Charly m.87).
  • Xallas: Fabio, Hugo, Óscar, Jota, Barreiro, Fernando (Canedo m.75), Doro, Jesús, Camilo. Anxo (Cristian m.85) e Marcos.
  • Árbitro: Lois Carro (A Coruña). Expulsou a Pablo Conde (m.60) do Dumbría. Amonestou a Pablo, Brais, Jano, Jesús, Iago e Diego Cespón do Dumbría; Jota e Barreiro do Xallas.
  • Goles: 0-1 m.4 Anxo; 1-1 m.26 Iago; 1-2 m.52 Doro; 2-2 m.57 Aarón.

Foi madrugador Anxo, que antes de que se cumprisen os cinco primeiros minutos de xogo aproveitou un desaxuste da zaga local para soñar con celebrar un triunfo novamente. Tomarían a responsabilidade dos dous equipos algúns dos futbolistas con máis táboas, como é o caso do ceense Iago, sobresaínte na execución a gol dun libre directo. Terían poucos achegamentos ambos conxuntos de aí ao descanso, e libraríase unha igualada batalla no medio. Xa na reanudación, de novo golpeou cedo o cadro combés, cun tanto de Doro marca da casa. O capitán foi o home máis activo dos seus en funcións ofensivas. O 2-2 definitivo sería obra de Aarón, de bonito remate á saída dun córner.

 

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios