Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: Safo e case safo

Preferente: Safo e case safo

Acabouse o sufrimento para un Soneira que xa pode descansar. Custou, pero os de Miguel salvan a temporada cunha gran segunda volta. Iso si, tiveron que tirar a Copa e o Santa Comba leva o pase a costa destes e puntos, moito máis necesarios para os soneiráns.

O que aínda non pode relaxarse malia dar un paso de xigante foi o Xallas. Os de Iván Cancela realizaron o mellor partido da temporada, xusto cando máis o precisaban. Cunha vitoria lles chega na última xornada, pero aínda perdendo, se o Ourense confirma o sábado o seu ascenso (gañou 1-3 na ida da Fase) xa estaría salvado. Así poderán centrarse algo na Copa, que terán no Cee un gran rival.

Ademais, ambos apriveitáronse do empate entre Santiago e Compostela, que todos daban por vitoria local.

Xallas - Unión (6-0)

  • XALLAS: David, Isma (Luís Castro, min.60), Iván, Dani, Rubio, Ricardo (Pío,m in.80), Rubén, Brais (Alemán, min.65), Luís, Toni (oscar, min.72), Alexandre (Sebas, min.70).
  • Goles: 1-0, min.1: Rubio; 2-0, min.3: Alexandre; 3-0, min.20: Luís; 4-0, min.65: Becerra; 5-0, min.80: Luís; 6-0, min.86: Rubén Forján.

Responderon cando máis o precisaban os xalleiros, e fixeron o mellor partido dos 3 anos de Iván Cancela como míster. O choque foi unha total avalancha verde, que abasallaron dende o comezo. Así aos 3 minutos xa marcaran dous e aos 20, o 3-0 era definitivo. Non baixaron o pistón en ningún momento e a permanencia esta moito máis cerca.

Soneira - Santa Comba (3-1)

  • SONEIRA: Durán (Fran, min.70), Ferreiro, Pablo, Vecino, Martín, Andrés (Míchel, min.78), Santi, Kike (Pichi, min.69), Brais (Mauro, min.75), Vía, Iago (Darío, min.65).
  • SANTA COMBA: Pablo, Dani (Doro, min.53), Óscar, Roberto, David (Baña, min.52), Jota, Marcos, Darío (Iván, min.71), Noli (Julián, min.71), Mon, Styven (Orlando, min.52).
  • Goles: 1-0, min.20: Vía de cabeza; 2-0, min.30: Iago a centro de Vía; 3-0, min.47: Vía; 3-1, min.85: Julián de penalti.

Segundo dos 3 choques que xalleiros e soneiráns disputan nesta semana. E se na Copa o Santa Comba pegou primeiro, onde o Soneira acadou a permanencia a costa du Santa Comba con moitos xuvenís.

Foi un partido con momentos para os dous equipos que os soneiráns mataron a golpe de pegada. Os laranxas dominaron os primeiros 20 minutos, ante un Soneira que presionaba. Pero o gol soneirán provocou que perderan o sitio, e aí marcaron o segundo, que case sentenciou o partido.

Na segunda Gelucho meteu a artillería na segunda, e volveron dominar, pero o terceiro de Vía xa acabou co partido. A última media hora foi de control inerte laranxa.

Dumbría - Boiro (0-4)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán (Roberto, min,.55), Ismael, Aarón Fdez., Suso (Martín, min.60), Aarón López, Luisete, Schuster, Leo, Iago (Riki, min.67), Luisito (Eloy, min.49).
  • Goles: 0-1, min.29: de penalti, dubidoso se Iago; 0-2, min.34; 0-3, min.48: de penalti de Tantán; 0-3, min.87.

Ata o minto 30, aguantou o Dumbría o control visitante pero sen perigo. pero ao marcar o penalti, protestado polos locais, viuse abaixo o Dumbría, e o segundo chegou moi cedo ademais. O gol aos 3 minutos da segunda xa non deixou reaccionar aos locais.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios