mércores. 13.11.2024
El tiempo

Preferente: Vaia 'racha' na Laracha

Preferente: Vaia 'racha' na Laracha
  • Só o punto do Xallas deixa algo de luz no fin de semana costeiro.
Doro e Jota sempre xuntos-Foto-Fuentes Doro e Jota sempre xuntos-Foto-Fuentes Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Tarde para non lembrar a do Dumbría na Laracha, e punto de inflexión para un Xallas que parece levar o freo de man posto.

Laracha 5-0 Dumbría

  • Campo: Municipal de Laracha.
  • Laracha: Fedeyo, Iván, Brais, Antonio, Adrián Bouza, Elmer, Souto (Andrés m.77), Martín, Miguel Taibo (Alexandre m.46), Bieito e Dani Bea (Igor m.75).
  • Dumbría: Iván Bouzón, Alcaina, Raúl (David Carreira m.75), Jose, Jano, Aarón, Brais (Lucas m.52), Jesús (Charly m.52), Iago, Manu (Iago García m.35) e Javi.
  • Árbitro: Rivera Goes (Vigo). Amonestou a Adrián e Raúl.
  • Goles: 1-0 m.44 Miguel Taibo; 2-0 m.46 Dani Bea; 3-0 m.53 Dani Bea; 4-0 m.62 Dani Bea; 5-0 m.83 Bieito.

Exhibición larachesa

Un hat trick de Dani Bea, que chegara a ser convocado polo Deportivo para xogar en Mestalla, un gol para abrir o marcador dun Miguel Taibo pichichi da liga, e un tercer tanto do veciño Bieito foron demasiado peso para un Dumbría que aguantou media hora e despois viuse totalmente superado polos laracheses.

 

Xallas 1-1 Milagrosa

  • Campo: A Fontenla.
  • Xallas: Fabio, Hugo, Oscarín (Fuentes m.80), Víctor Vecino (Anxo m.59), Barreiro, Jota, Fernando (Canedo m.73), Doro, Marcos (Camilo m.67), Jesús e Kevin.
  • Milagrosa: Tomás, Óscar, Manu, Álvarez, Leandro, Luis Díaz, Diego Redondo (Alberte m.60), David Silva (Adrián m.70). Charly, Yago (Muñiz m.70) e Elías (Álex m.75).
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou ao visitante Charly.
  • Goles: 0-1 m.86 Alberto; 1-1 m.92 Anxo.

De milagro... nada

Un punto non parece a mellor forma de saír da crise, pero por suposto o Xallas conseguiu evitar o mazazo moral doutra derrota. Esta vez a milagrosa repartiu algo da súa esencia, nun campo da Fontenla que ten visto mellores versións dos combeses. Non pasou case nada na primeira metade, e na segunda estirou liñas estérilmente o cadro verdillo, pouco incisivo de cara á meta rival. Un remate de Alberte contra o final parecía ser a eterna condena, pero entón chegou Anxo, para aproveitar unha acción de Camilo e Kevin e poñer o 1-1.

 

Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios