Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Previa: 3 días de #fútboldacosta

Previa: 3 días de #fútboldacosta

Segue a Copa facendo que as fins de semana estean invadidas polo fútbol. Partidos o venres ás 21:00h, sábado mañá e tarde, domingo mañá e tarde... Nada menos que 76 partidos do #futboldacosta esta fin de semana....

E comezamos a previa pola Preferente, onde Dumbría pode facerlle un gran favor aos seus veciños do Xallas e do Soneira se vence esta moite en Santiago. Entrementres os verdes recibirán a un intratable líder que xa pode relaxarse tras certificar o ascenso a semana pasada, e o Soneira terá un chque vital na casa ante o pechacancelas.
Na 1ª, o Ponteceso poderá certificar a súa permanencia se vence ao Victoria.

A xornada na Liga da Costa segue con dous focos: a loita pola 3ª praza e o descenso. As dúas loitas viviranse no Cairo, cun Corme que pode certificar a súa praza, pero en fronte terá a un Nantón que precisa a vitoria se non quere dicir adeus á categoría. Os cabaneses dependen ademais do Zas, que visita Esteiro. Ademais, o Fisterra-Muros será moi bonito e o Malpica non quere descolgarse.

Na segue a loita por entrar no playoff. E a xornada parte con vantaxe para o Cerqueda, tras coñecerse no Parte de sancións que o seu recurso ante o Xaviña foi adiante. Os malpicáns teñen agora 4 puntos co Coristanco, o equipo que queda polo de agora fóra dos postos que dan acceso, e que esta semana se xoga todo co Volantes nun choque de alta tensión. O Cabana-Outes será moi bonito tamén, con dous equipos que non se xogan nada pero que veñen de facer sendos temporadones.

En Xuvenís o Baio terá que superar ao Malpica, que parece o máis forte, mentres que Cee e Dumbría B terán que seguir gañando para manter opcións de cara a última xornada.

E xa Copa da Costa, a volta dos Dezaseisavos chega algo insulsa, unha vez que son poucos os equipos con ilusión, i é que xa ha varias eliminatorias xa solventadas na ida, e moitos equipos teñen atención na Liga.

Preferente, xornada 35

Santiago 04/05 - 21:00 Dumbría
Xallas 05/05 - 18:00 Compostela
Soneira 06/05 - 16:30 Foz
Grixoa 06/05 - 17:00 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 33

Víctoria 06/05 - 17:00 Ponteceso
Cee 06/05 - 17:00 Sada

2ª Autonómica, xornada 33

Corme 06/05 - 16:45 Nantón
Dumbría B 06/05 - 17:00 Buño
Esteirana 06/05 - 17:00 Zas
Fisterra 06/05 - 17:00 Muros
Malpica 06/05 - 17:00 San Lorenzo
Club do Mar 06/05 - 17:00 Mazaricos
Sofán 06/05 - 17:00 Castriz
Baio 06/05 - 17:00 O Pindo
Camariñas 06/05 - 18:00 Corcubión

3ª Autonómica, xornada 37

Laxe 05/05 - 16:00 Alcaián
Atl. Pereiriña 05/05 - 18:00 Montelouro
Camelle 06/05 - 11:30 Soneira B
Xaviña 06/05 - 15:30 Porteño
Lira 06/05 - 16:00 Cerqueda
Carnota 06/05 - 17:00 Indep. Carballo
Coristanco 06/05 - 17:00 Volantes
Muxía 06/05 - 17:30 Corcoesto
Cabana 06/05 - 18:00 Outes

Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 13

Baio 04/05 - 20:00 Malpica
Dumbría B 05/05 - 11:30 Corcubión
Soneira 05/05 - 18:00 Cee
Santa Comba 3-1 Camariñas

Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis

2ª Cadete, xornada 33

Ponteceso 04/05 - 18:00 Camariñas
Dumbría 04/05 - 19:15 Cabana
Muxía 05/05 - 10:30 Zas
Fisterra 05/05 - 10:30 Outes
Esteirana 05/05 - 10:30 Cee
Coristanco 05/05 - 10:30 Muros
Baio 05/05 - 11:30 Santa Comba
Porteño 05/05 - 12:00 Soneira

2ª Infantil, xornada 33

Coristanco 05/05 - 18:00 Dumbría
E.M.F. Vimianzo 05/05 - 20:00 Baio
Con. de Carnota 06/05 - 10:30 Corme
Esteirana 06/05 - 10:30 As Baleas
Fisterra 06/05 - 10:30 Cee
Cabana 06/05 - 10:30 E.D. Os Miudos
Outes 06/05 - 10:30 Santa Comba
Ponteceso 06/05 - 12:00 Muxía

Copa da Costa de Veteranos

XXV Maratón Copa Fútbol Sala Cee

Esta fin de semana do 5 e 6 de maio de 2012 disputarase no Pavillón Municipal de Cee a XXV edición da Copa-Maratón de Fútbol Sala organizada polo Concello de Cee e pola A.D.C. Brens. Neste torneo participarán os 20 equipos que competiron na Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee 2011-2012 (outubro 2011-abril 2012).
O horario de comezo será ás 15.00 horas do sábado 5 e rematará o domingo 6: 3º-4º posto ás 20.00 horas e a final ás 21.00 horas. Posteriormente farase a entrega de trofeos do propio maratón así como os da liga regular.

Tenis de mesa

Despois de 2 semanas de parón (campionatos nacionais escolares e veteranos) volve a competición das ligas galegas. Este fin de semana os equipos da bisbarra na casa, no ximnasio do CPI de Zas. E con encontros importantes en 2ª galega, donde os dous equipos deben conseguir a vitoria para que o Concello de Zas Angepon quede na categoría:

En 2ª galega grupo norte (domingo 6 de maio ás 11:00h):

  • Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "C"
  • Concello de Zas Angepon - Hípica Coruña

En 3ª galega grupo noroeste (última xornada - sábado 5 de maio ás 17:00h)

  • Concello de Zas P Tívoli - Cambre Promesas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios