Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Previa da xornada no fútbol da Costa

Previa da xornada no fútbol da Costa
Baio-Mazaricos - Foto- Santi Diaz

Tras analizar con Alberto Pose o comezo de tempada no fútbol costeiro, repasamos a axenda futboleira para esta fin de semana de 15 e 16 de setembro de 2012. Unha fin de semana na que comezan as Ligas de Veteranos e que traen interesantes choques en todas as Ligas.

Pero antes de analizar liga a liga, recordamos que esta fin de semana hai proba de piragüismo en Olveira, Dumbría. Ademais, en clave de motor, este sábado hai un emotivo Dirt Track en Carballo que homenaxeará ao final Óscar de Beos. Ademais, o Balonmán Camariñas ponse en marcha e este sábado, ás 12:00h terá a presentación oficial no Salón de Actos do Faro Vilán, e pola tarde, a partir das 17:00h xogarán o equipo masculino do Conservas Boya e o feminino do Encaixe no Pavillón do Areal

E comezando pola Preferente, os nosos terán complicados partidos ante equipos que se postulan na zona alta. O líder, o Xallas de Santa Comba recibirá en Fontela, e para pechar a xornada, ao Viveiro, equipo da Mariña que o ano pasado comezou frouxo pero que este curso suma 4 puntos e se mantén na 7ª praza. Outro que sufriu o ano pasado é o Ribadeo, pero os lucenses están 4º e querrán manter a zona alta en Vimianzo. En fronte o Soneira pode dar un salto e situarse nunha zona cómoda.
Ademais, o Dumbría, 3 na táboa con 2 vitorias, poderá seguir a súa escalada se vence ao Grixoa, empatado a puntos cos de Canosa e ambos a 1 do Xallas.

Na 1ª Autonómica, os nosos afrontan a xornada case que con necesidade. O Fisterra xoga o sábado en Laro, 3º con 2 de 2, e terá que sumar se non quere que os nervos comecen a sentirse. Outro que necesita sumar é o Ponteceso. Os de Nacho reciben ao Riveira, e pode ser unha boa ocasión para saír do pozo. O Mapica recibe a un Cacheiras en horas baixas, mentres que o Camariñas, tamén con 3 puntos, visita o sempre difícil campo do Unión.

A 3ª xornada na 2ª Autonómica perfílase intensa. Teremos derbi en Louro entre dous ascendidos: o cadro local e o Volantes, que chega con forza tras as dúas primeiras vitorias. O Cee volve ao Carral nun dos partidos da xornada, con ambos conxuntos sumando 6 puntos. O líder, o Corcubión de Manolín, visita ao Carnota, nun choque de alto voltaxe. Ademais, a Esteirana quere rubricar o seu bo comezo ante o Mazaricos, e o Corme quere xa ir collendo posicións ben arriba, pero en fronte terá a un San Lorenzo que necesita a vitoria.

En 3ª Autonómica descansa o Porteño, un dos 3 equipos que suman 2 vitorias en 2 encontros. O Soneira B quere manter o liderato e terá que superar ao Nantón, un Nantón que non comezou ben e aínda non suma 1 só punto. Pola súa banda o Independiente quere rubricar o seu imponente comezo en Corcoesto, ante un cadro local que mellorou moito dende o ano pasado.
Ademais teremos derbi camariñán, con un intenso Xaviña-Camelle; un interesante Muxía-Fisterra B; ou un Cerqueda-Lira que seguro que é bonito para os afeccionados.

Nos xuvenís destacamos que nos prolegómenos do partido de fútbol da categoría xuvenil que enfrentará a Baio e o Laxe este sábado ás 12:00 horas no campo Platas Reinoso, váiselle facer entrega por parte da Federación do Trofeo de Campións da Liga da Costa Xuvenil 2011-2012 ao Baio.

E atentos que comeza a andaina do Dumbría CF nas Ligas Galegas cadetes e infantís.

Preferente Norte, xornada 4

Soneira 16/09 - 17:00 Ribadeo
Dumbría 16/09 - 18:00 Grixoa
Xallas StComba 16/09 - 18:30 Viveiro

1ª Autonómica, xornada 3

Laro15/09 - 17:30 Fisterra
Unión 16/09 - 17:00 Camariñas
Ponteceso 16/09 - 17:00 Riveira
Malpica 16/09 - 17:00 Cacheiras

2ª Autonómica, xornada 3

Castriz 15/09 - 17:30 Cabana
Zas 15/09 - 18:00 Dumbría B
Sofán 16/09 - 17:00 Cee
Carnota 16/09 - 17:00 Corcubión
Outes 16/09 - 17:00 Buño
Montelouro 16/09 - 17:00 Volantes
Muros 16/09 - 18:00 Baio
Corme 16/09 - 18:05 San Lorenzo
Mazaricos 16/09 - 18:30 Esteirana

3ª Autonómica, xornada 3

Laxe 15/09 - 17:00 Baíñas
Xaviña 15/09 - 17:30 Camelle
Coristanco 15/09 - 18:30 Ameixenda
Muxía 16/09 - 17:00 Fisterra B
Corcoesto 16/09 - 17:00 Indep. Carballo
Cerqueda 16/09 - 17:00 Lira
Alcaián 16/09 - 17:00 Castrelo
Soneira B 16/09 - 19:30 Nantón
Comentarios