Martes. 23.04.2024
El tiempo

Previa dunha nova xornada cargada de Fútbol da Costa

Previa dunha nova xornada cargada de Fútbol da Costa
Imaxe do Buno-Montelouro da semana pasada-Foto- Edu Olveira

E xa estamos de venres e quédanos por diante unha nova xornada completa de Fútbol costeiro. Despois de ver como andan as táboas dos pichichis, comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, con dous choques complicados para os nosos. O XSC visita o mítico campo de Cantalarana, para enfrontarse a un histórico en horas baixas, o Viveiro. Mentres, o Dumbría recibe ao Sada, 7º, na táboa, partido fundamental para medir as aspiracións reais dos de Canosa.

Partidazo teremos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra coa visita do líder, o Sofán, á Pobra. O cadro da Barbanza atópase 3º a 7 dos carballeses, polo que o partido parece unha finalísima, pois se pode apretar todo ou o cadro de Josiño pode pegar un salto de cara a asegurar, cando menos, a promoción. Por detrás, o Baio quere unirse de novo á pelexa e non pode fallar na súa visita a un dos de abaixo, o Silleda. Ademais, o Soneira quere volver ser o vendabal en casa e poderá sumar ante o Lesende. Terá o Malpica unha visita, a priori, doada, ante un dos que ocupan postos de descenso, como é o Amio, e de paso poder facer un favor á Esteirana, que terá que visitar a un Cordeiro da zona alta. Ademais, o Corme terá tamén outra saída moi difícil, ante o Villestro, 2º a 4 do líder.

Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, coas obras iniciadas do céspede artificial en Agra da Filgueira, teremos bos partidos. Como o choque do líder ante o novo Baíñas de Pablo Mallón, aínda en proceso de renovación. Ou o Fisterra-Outes, que medirá o verdadeiro potencial dun Outes tras 5 vitorias seguidas, incluída a última ante o líder. Un ollo teremos tamén no Zas-Castriz, 4º contra 3º, e ambos con claras aspiracións a todo; e outro no Volantes-Buño, 5º contra 6º.

Así e todo, o partidazo da xornada xóganse na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder, Ameixenda, contra o segundo e que perdeu o liderato esta pasada semana por mor de descansar, o Cerqueda. Partidazo en Xaviña de Buño.

Xa nos Xuvenís, volveremos a ver os grandes partidos que vimos este ano polo norte, entre Camariñas e Cabana que se enfrontan na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil.

Poderá escalar un posto se o Dumbría vence no Val Miñor, ante o seu predecesor na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Mentres o XSC quere manter a boa liña dos últimos partidos na Liga Galega Cadete na súa visita ao filial do Lugo. Máis difícil o terá o Dumbría Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, pois recibe a un dos de arriba na antepenúltima xornada da primeira fase. Os de Huelvis e Conde necesitan sumar se queren afrontar, con garantías, a Fase por evitar o descenso, onde contan os puntos colleitados.

Xa nas Ligas Locais, teremos bos partidos na 1ª Cadete, como o Ponteceso-Fisterra, ou As Baleas-Corme. E en 1ª Infantil, o Fisterra-Os Miúdos será o gran choque, ademais do Corme-XSC.

Preferente - Senra Sport, xornada 21

Viveiro 25/01 - 16:30 Xallas StComba
Dumbría 25/01 - 16:30 Sada

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 20

Cordeiro 25/01 - 16:00 Esteirana
Silleda 25/01 - 16:00 Baio
Soneira 25/01 - 16:30 Lesende
Amio 25/01 - 16:30 Malpica
Villestro 25/01 - 16:30 Corme
Puebla 25/01 - 16:30 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 20

Cabana 24/01 - 18:00 Carnota
Cee 25/01 - 16:00 Montelouro
Seaia 25/01 - 16:00 Camariñas
Porteño 25/01 - 16:00 Mazaricos
Camelle 25/01 - 16:00 Ponteceso
San Lorenzo 25/01 - 16:00 Baíñas
Fisterra 25/01 - 16:00 Outes
Zas 25/01 - 16:30 Castriz
Volantes 25/01 - 16:30 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 20

Lira 25/01 - 16:00 Laxe
Nantón 25/01 - 16:30 Castrelo
Coristanco 25/01 - 16:45 Corcubión
Cerqueda 25/01 - 17:00 Ameixenda

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

E.D. Os Miudos 24/01 - 16:00 Xallas StComba
Camariñas 24/01 - 16:00 Cabana
Dumbría 24/01 - 16:15 Porteño

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 2

Outes 24/01 - 10:00 Cee
Zas 24/01 - 12:00 Coristanco
Castriz 24/01 - 16:00 Esteirana
Baio 24/01 - 16:00 Malpica
Muxía 24/01 - 16:00 Corme
Ponteceso 24/01 - 18:00 Fisterra
  • Descansa Corcubión.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 20

Val Miñor 24/01 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 20

Lugo B 25/01 - 12:00 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 17

Dumbría 24/01 - 12:00 Galicia Caranza

1ª Cadete, xornada 19

Coristanco 24/01 - 10:30 Muxía
Outes 24/01 - 16:00 Os Miudos
As Baleas 24/01 - 18:00 Corme
Sofán 24/01 - 18:45 Cabana
Baio 25/01 - 10:30 Esteirana
Ponteceso 25/01 - 11:00 Fisterra
  • Descansa Cee.

1ª Infantil, xornada 19

Esteirana 23/01 - 18:30 Vimianzo
Ponteceso 24/01 - 16:00 Zas
Cabana 24/01 - 16:00 Cee
Fisterra 25/01 - 10:00 Os Miudos
Outes 25/01 - 10:30 Sofán
Corme 25/01 - 11:00 Xallas StComba
  • Descansa Coristanco.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 11

Dumbría 24/01 - 11:00 Esteirana B
Cee B 24/01 - 11:00 Os Miúdos A
Fisterra 24/01 - 12:00 As Baleas
Outes 24/01 - 13:00 Esteirana A
Cee A 24/01 - 13:00 Os Miúdos B
Dumbría B 24/01 - 18:00 Lira
Sofán 25/01 - 09:45 XSC A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 11

Dumbría 24/01 - 10:00 XSC B
Cee B 24/01 - 10:00 Os Miúdos A
Fisterra24/01 - 11:00 As Baleas
Outes 24/01 - 12:00 Esteirana
Cee 24/01 - 12:00 Os Miúdos B
Sofán 25/01 - 10:45 XSC A
  • Descansa Lira.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 18

Cabana 25/01 - 10:00 San Román
Hosgran 25/01 - 11:00 Baio
Dumbría 25/01 - 11:00 Bértoa
Laxe 25/01 - 11:00 Castriz
At. Milagrosa 25/01 - 09:45 Xv. Bergantiños
Soneira 25/01 - 10:00 Ponteceso
San Lorenzo 25/01 - 11:00 Zas
  • Descansa Coristanco.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 18

Camariñas 25/01 - 11:00 Corcoesto
Sofán 25/01 - 12:00 Dep. Carballo
Cerqueda 25/01 - 11:00 Erbecedo
Poniente 25/01 - 10:00 San Isidro-Razo
Malpica 25/01 - 11:00 Buño
Nantón 25/01 - 11:00 Agualada
Leiloio 25/01 - 11:00 Vimianzo
  • Descansa Porteño.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios