Martes. 11.08.2020
El tiempo

Previa: Jesús analiza o Zas - Baíñas

Previa: Jesús analiza o Zas - Baíñas
Xa temos aquí unha nova xornada nas ligas con representantes costeiros, que se presenta de sumo interese con varios campos onde se centrará a atención dos afeccionados. Podedes botar un ollo a todos os partidos e horarios en www.futboldacosta.com. Na Preferente Norte, tres difíciles citas para os nosos representantes: o Xallas viaxa a As Pontes para enfrontar ó equipo local, que si ben fora da casa non está a dar a medida das súas posibilidades, na casa goleou a Sofán e Escairón con facilidade. Os de Noé tentarán frear esa xeira. O Sofán recibe nas Eiroas ó Ordes, equipo dos chamados a estar na cabeza e o Dumbría o At.Arteixo, equipo dos importantes que todavía non coñece a vitoria. O Conco pretende ser novamente talismán. En 1ª Galicia a atención está focalizada no derbi das Pedreiras, onde o San Lorenzo e o Fisterra tentarán de atopar o fútbol que os leve á primeira vitoria da tempada. O Soneira recibe ó Sigüeiro nun duelo de aspirantes ó ascenso, e o Baio, esperando recuperar efectivos no ataque, busca o seu primeiro gol no sempre difícil campo de Tordoia. Na Liga da Costa, varios puntos de máximo interese: os recén ascendidos Lira e Muxía queren refrendar o seu bo inicio ante dous aspirantes ó título, Ponteceso e Mazaricos respectivamente. Dúas boas pedras de toque para ver de que son capaces. O partido máis interesante quizáis sexa o de Zas, onde o Baiñas ten que mostrar as súas credenciais ante un dos equipos importantes da categoría. En Corme, derbi local contra o Malpica marcado pola fin de semana festiva na localidade cormelana, e bonito partido en Cee onde a visita da Esteirana servirá para calibrar o bo inicio dos ceenses. Outes - Buño, Cerqueda - Camariñas e Montelouro - Coristanco completan a xornada, como todas as iniciáis, moi interesante para ir vendo o nivel dos equipos. En 3ª Galicia, un bonito Corcubión - Porteño parece o partido máis atractivo da xornada, sen desmerecer o Muros - Nantón ou o Seia - Ameixenda. O Volantes de Sil buscará afianzarse na taboa no difícil campo de Camelle, e o Cabana co incómodo Castrelo de Michel e Litos. Por último, o Castriz terá que mostrar a vitola de favorito ante o filial do Outes. Jesús deixou o Xallas tras 10 anos   Tal e como decíamos, un dos partidos de interese do domingo será ese Sp.Zas - Baiñas. Falamos con unha das estrelas do Baiñas e de todo o fútbol costeiro, Jesús, que tras innumerables anos e títulos no Xallas, deixou a Preferente para enrolarse cos de Vimianzo: QPC - Que tal o inicio de liga co Baiñas? Moi ben. Hai un bo grupo e moito compromiso. Aínda que a directiva nos diga que os obxetivos son a permanencia vamos a intentar facer a mellor tempada posible, co traballo de todos pensamos obter un bo resultado. QPC - Por qué te foches do Xallas despois de tantos anos? Pasei 10 anos espectaculares en Santa Comba, pero a miña cabeza pedía cambiar de aires, en 10 anos hai moito desgaste. Deséxolle o mellor, e gardo moi bos recordos, e por suposto, lévome moitos amigos. QPC - Como ves a liga da costa? A liga da costa é espectacular, os equipos fainos a afección e podemos decir que na costa hai equipazos. Unha formación con Jesús de pe na esquina QPC - A última vez que Jesús xogou na costa, o Xallas fora subcampión detras do Zas, e tivera que ascender nunha reñida promoción. Hai moita diferencia de cando xogaches esta liga por última vez? Aínda é moi pronto para decir iso, xogamos un partido so, e a verdade é que foi moi bo, moi intenso. Espéranos un ano duro. QPC - Que pasa no fútbol que non se ve relevo xeracional? Os vellos rockeiros seguides mandando nos vestiarios costeiros. Non pasa nada. O fútbol sempre foi así. Cando tiña 18 eu tamén xogaba con xente de 30 e largos. E xogaban sempre e tiñas que correr e levantarte para xogar, lei do fútbol. Forján e Jesus, vidas paralelas, agora en Vimianzo en lados diferentes QPC - Que adestrador te marcou mais na túa carreira? Tiven moitos, de todos aprendín. Pero se teño que elixir quédome con dous nomes: Rubén Coméndez pola súa aposta de fútbol ofensivo e Iván Cancela, que dende o rigor táctico e bo levar do equipo é capaz de sacarlle o máximo. QPC - E o mellor compañeiro? Bufff... imposible decir un so. Tantos e tantos. Un auténtico placer coincidir con eles nos terreos de xogo. Jesús, un clásico costeiro, que dure moitos anos pois ós que nos gusta este deporte, é un dos xogadores polos que se paga unha entrada con gusto para velo xogar, de central, centrocampista, dianteiro ou recollepelotas.

comentarios