Venres. 29.03.2024
El tiempo

Primeira Galega: Apagado ou fóra de cobertura

Primeira Galega: Apagado ou fóra de cobertura
Non se lle recoñece ao Dumbría, que tras caer noutro mal encontro ante o Puebla xa non é líder da categoría; o Outes empeza a rozar a miragre tras vencer en Val do Ulla O Zas competiu ben en Cordeiro, pero caeu - Foto: Sporting Zas A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Cordeiro 2-1 Sportin Zas Campo: Municipal de Valga Cordeiro: Diego, Pablo, David, Alejandro, Gabriel, Juan (José Manuel m.56), Jesús (Manuel m.77), Juanito, Cristian (Manu m.56), Miguel e Rubén (Carlos Padín m.66) Sporting Zas: David Insua, Javi Souto, Anxo, Pablo, Diego, Rubio, Bruno, Róber, Fabián, Dani Mato (Alberto m.66) e Álex Flores Ärbitro: Buján Vidal (Santiago). Goles: 0-1 m.3 Álex Flores; 1-1 m.6 Juanito, de penalti; 2-1 m.m.76 Juanito, de penalti; 3-1 m.80 Manuel Unha mágoa máxima Caeu o Sporting Zas na súa visita ao Cordeiro, un dos candidatos a todo na Primeira Galega. Os costeiros non foron inferiores en ningún momento ao seu rival. O guión non podía ter sido máis positivo de comezo, cunha acción maxistral de Dani Mato na que o canteirán, tras percorrer máis de medio campo coa bola, cedeu para que Álex Flores engordara a súa conta realizadora. Resultaría fundamental para o devenir da cita a case inmediata resposta local, cun penalti por derribo sobre Juanito que o propio atacante se encargaría de converter. Aí si que o conxunto pontevedrés apretou e dispuxo de accións claras. A réplica zascense quedaría nun disparo de Rubio demasiado alto ou unha inocente tentativa de Álex Flores. Non refrescou as ideas o paso polos vestiarios, tralo cal os costeiros non inquedarían demasiado ao meta Diego. A resistencia quebraríase no último cuarto de hora, cun novo penalti convertido por Juanito e unha contra finiquitada por Manuel, cando o Zas xa se volcara á desesperada. Fisterra 4-0 Villestro Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Fabián (Robertín m.65), Breixo (Álex m.74), iti, Tati, Champi (Roa m.58), Jesús, Adri (Jorge m.71), Roco, Cote e Bruno Villestro: Nico, Conde (Hugo Rodríguez m.75), Alberto, Martín, Víctor García (Andrés m.56), Jose Manuel, Aarón, Dani Gesto, Álvaro, Marcos Conde e Neo Árbitro: Couñago Ricón (Santiago). Amonestou a Tati e Cote do Fisterra Goles: 1-0 m.27 Bruno; 2-0 m.37 Cote; 3-0 m.50 Adri; 4-0 m.88 Cote Con autoridade Desfíxose con certa suficiencia o Fisterrra dun Villestro ao que xa superara nun memorable encontro en terras santiaguesas. Toca xa coa punta dos dedos a permanencia o cadro de Nacho, que agora ten o obxectivo de deixar cantos máis equipos por abaixo mellor. A sociedade que mellor funcionou na tarde de onte en Ara Solis foi a do 'punto e o i'. O grandullón Cote e o liliputiense Bruno rememoraron épocas como a do canteira do Dumbría. No primeiro tanto, o centrocampista asistiu e prantou só ante o porteiro ao atacante, que resolveu con calidade. Pouco despois, un novo disparo de Bruno provocaría un rexeite no que Cote asinaría o seu primeiro gol da tarde. Non inquedaran apenas os visitantes ata entón, e nada máis comezar o segundo acto Adri executou un cano precioso que lle deixou só ante Nico para resolver. A xogada de seda da tarde levaría o nome de Bruno, cun cano de espaldas ao seu marcador e asistencia para que Cote pechase ao grande a goleada fisterrán. Val do Ulla 0-1 Outes Campo: O Coto Val do Ulla: Jorge Meléndez, Emilio (Adrián m.88), Cristian, Matthew, Gonzalo, Julián, Álex, Neira, Sebas, Javier e Jacobo Outes: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Chía (Yago m.49), Chúa, Martín, Dani Corniños (Kim m.57), Elías (Sergio m.95) e Mario Ärbitro: Castro Currás (Lalín). Amonestou a Neira do Val do Ulla; Jura e Elías do Outes Gol: 0-1 m.80 Borja Cun par ben postos Saíu triunfante o Outes da súa visita ao Coto, feudo dun Val do Ulla convertido en rival directísimo pola salvación, e que xa queda por detrás dos costeiros na clasificación. Empezou algo durmido o cadro de Alfredo Cambeiro, que pouco a pouco iría medrando e facéndose dono da situación. Foi algo escasa de oporrtunidades a primeira metade, pero na segunda perdoaría demasiado o equipo outiense. Ata que chegou Borja. O futbolista blanquinegro conectou un disparo desde a frontal que iría como un misil ao segundo pau, imposible para o meta Jorge. A nova negativa da tarde foi o forte golpe que levou na boca o muradán Dani Corniños, que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario. Desde o Outes quixo agradecerse públicamente o papel da directiva local, así como o dun dentista que se atopaba no graderío. Os futbolistas quixeron adicarlle os tres puntos a Dani, ademais de a Martín, que o pasado venres no adestramento sufría unha fractura de tibia e peroné. Puebla 1-0 Dumbría Campo: Da Alta Puebla: Juan, Jorge Pazos (Álvaro m.78), Carlos Mos, Manuel, Pablo, Pablo Mouro, Rafa, Rubén (Sergio m.66), Benogo (Mamadou m.78), Johny e Pablo Rego (Queiruga m.52) Dumbría: Iván Bouzón, Jose (Cristian m.80), Raúl, David Carreira (Charly m.80), Iago, Adrián, Fabio (Manu m.80), Soule, Diego Cespón (Martín m.67), Darío Capelo e Aarón Árbitro: Casal Barreiro (Santiago). Amonestou a Manuel, Jorge Pazos e Rafa do Puebla; Aarón, David Carreira e Iago do Dumbría Gol: 1-0 m.53 Queiruga Esfumouse Perdeu a primeira praza da liga un Dumbría que está lonxe da versión que lle levou a dominador incontestable da categoría. Os brancos sufriron para atopar o seu xogo, ante un Puebla máis acostumado ás peculiaridades do campo. Apenas houbo oportunidades claras de perigo, e os barbanzáns apostaron sobre todo pola intensidade, o fútbol directo e as segundas accións, un arte no que ao Dumbría non lle ve cómodo. Houbo dous achegamentos claros por equipo en todo o partido. Queiruga, tras unha acción por banda, converteu un dos dous. Non foi así no caso de Soule Adrián, que tiveron a igualada nas súas botas. Nos últimos minutos os locais pararon de máis o ritmo e apenas se xogou.

Comentarios