Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galega: Gica Hagi é de Ameixenda

1ª Galega: Gica Hagi é de Ameixenda
Un golazo de Álex, similar aos que asinaba o futbolista rumano, salvou un punto para o Fisterra en Sigüeiro, onde houbo tres goles no minuto e medio final; o líder Dumbría ten outro nome de superheroe: os incribles O Zas caeu ante o Tordoia - Foto: Sporting Zas O Zas caeu ante o Tordoia - Foto: Sporting Zas Dumbría 4-0 Agolada Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Jose Manuel (Mauro m.75), David Carreira, Iago, Adrián (Isma m.68), Rivi, Rubén Márquez (Carlos m.62), Diego Cespón, Cristian (Fabio m.60) e Darío Capelo Agolada: Rafa, Dani, Santi Castro (Juanjo m.76), Bryan (Víctor m.76), Pablo Castro (Miguel Ángel m.68), Areán, Otero, Centeno, Neira (Diego m.68), Alexandre e Aitor Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Rubén Márquez, do Dumbría Goles: 1-0 m.11 Darío Capelo; 2-0 m.44 Rubén Márquez; 3-0 m.58 Rubén Márquez; 4-0 m.62 Adrián Un mundo entre o ouro e o bronce Foi moi superior o Dumbría a un Agolada que chegaba como terceiro clasificado, pero que en ningún momento tivo opcións de sacar algo positivo do Conco. Os da provincia de Pontevedra arriscaron en exceso e adiantaron moito a defensa, algo letal cando se ten diante a futbolistas como Rubén Márquez o Adrián. Darío Capelo abriría o marcador nada máis comezar, tras un centro de Cristian, tamén asistente antes do descanso para que Rubén Márquez remachase en boca de gol. O ex do Negreira faría o terceiro á hora de xogo, de vaselina, mentres que o pichichi acudiría unha semana máis á cita co gol para pechar a goleada, cun testarazo. Faltaba media hora e apuntaba a bacanal e goleada dos costeiros, que preferiron administrar a vantaxe fronte a un equipo excesivamente suicida e que, iso si, estrelaría un par de balóns na madeira. Sporting Zas 0-2 Tordoia Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo, Alberto (Jony m.25), Manu, Pablo, Diego, Fabián, Dani Mato, Chapela, Róber, Lagoa e David Agra Tordoia: Santi, Casti, Denis (Pombo m.87), Turbo (Xuko m.68), Maki (Che m.79), Alemán, Titi, Dubra, Nico, Andrade e Chino Árbitro: Cuesta Arribas (A Coruña). Amonestou a Dani Mato do Sporting Zas; Dubra e Xuko do Tordoia Goles: 0-1 m.11 Nico; 0-2 m.31 Turbo Demaisado mermado Ata cinco titulares habituais botou de menos o Sporting Zas na visita do Tordoia. Os da montaña resolveron en media hora un encontro feo e sen demasiadas oportunidades de perigo. E para maior castigo, os dous tantos visitantes chegaron tras erros ou imprecisións defensivas. Unha perda de Dani permitiulle a Nico resolver á perfección no primeiro, mentres que Turbo cabeceou a pracer no segundo. Tentaron os de Víctor Pazos reaccionar de aí ao final, pero apenas xeraron oportunidades claras de perigo, mentres que o seu rival adicouse a administrar a vantaxe. Sigüeiro 2-2 Fisterra Campo: Lino Balado Sigüeiro: Pablo Souto, Jorge, Fernando, Juanito, Albor (Pablo m.60), Pepe, Hugo Arnejo, Nando (Marcos Iglesias m.18), David, Álex Fernández (Maroño m.82) e Aitor (Óscar Rey m.74) Fisterra: Norberto, Rubia (Gabri m.82), Breixo, Robertín, Piti (Gabri m.66), Cote, Roco, Jesús (Abel m.86), Álex, Tati e Bruno Árbitro: Casal Barreiro (Santiago). Amonestou a Hugo Arnejo do Sigüeiro; Bruno, Jesús, Álex, Breixo e Robertín do Fisterra Goles: 1-0 m.49 Pepe; 1-1 m.90 Bruno, de penalti; 2-1 m.90 Pablo; 2-2 m.91 Álex Unha locura marabillosa Benditos minutos finais para o Fisterra no campo dun Sigüeiro que pasa por ter un dos plateis máis caros da categoría. Os verdes seguen a sacar a súa versión máis aguerrida e intensa lonxe de Ara Solis, onde por exemplo a pasada semana pinchaban co Piloño. Menos do que dura unha canción punk deu para tres goles no desenlace dun partido que ata entón tiña sido absolutamente plano e sen demasiados sobresaltos no guión. Unha primeira metade igualada, co parte de oportunidades prácticamente en branco e con certa sensación de máis por parte local deu paso a unha reanudación condicionada polo madrugador tanto de Pepe. O ex do Ciudad de Santiago, Estudiantil, Villestro e Bertamiráns finiquitou á perfección un contragolpe para abrir o marcador. Tentaron estirarse os fisterráns, aínda que sen xerar demasiado. E no momento menos pensado, comezou o rock and roll: Bruno executaba a gol unha pena máxima, e na seguinte xogada, con polémica, nun salto entre Pablo e Norberto, o futbolista local gañaba a partida e facía o segundo. Sacaría de centro co ánimo tocado o Fisterra. Pero non todo o equipo. O ex do Ameixenda Álex emulou o histórico gol de Hagi en Vigo co Barcelona, e no saque de medular sorprendeu a todos para facer un empate de locos. Outes 1-2 Lalín Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja (Babu m.72), Maroñas (Simón m.87), David Sampedro, Chía (Velero m.72), Martín (Santi m.64), Yago Dosil, Pose, Jura, Dani Corniños e Mario Lalín: Bueno, Álex, Rivas (Martín m.72), Andrés, Manuel (Morán m.88), Benito, Rego, Agostini, Gude, Reza, Ezequiel e Diego García Árbitro: Alaoui Soulimani (Santiago). Amonestou a David e Borja do Outes; Álex Rivas, Andrés e Diego García do Lalín Goles: 0-1 m.33 Dani Corniños, en propia meta; 0-2 m.60 Reza; 1-2 m.79 Santi Dispararse no pé A mala sorte cebouse co Outes na visita do histórico Lalín ao Cunchido. Os de Manu de Roque non foron peores que un oponente ben prantado e que apostou por facer dano á contra. Pero no primeiro tanto ata necesitou colaboración. Un disparo lonxano e sen aparente perigo bateu en Dani Corniños e deixou o balón no lado contrario á estirada de Xandre. Algo parecido sucedería no segundo acto, e cos mesmos protagonistas. O meta e o centrocampista chocaron entre eles e deixaron o balón morto para que Rexa empurrase. Asinou un gol para a esperanza Santi, pero non fructificou o asedio final.

Comentarios