Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galega: Un goleador Maka...nudo

1ª Galega: Un goleador Maka...nudo
O dobrete de Adrián deulle o triunfo ao Dumbría no derbi fronte a un moi errático Sporting Zas; o Fisterra, pola súa banda, segue invicto e imbatido O Dumbría suma catro de seis O Dumbría suma catro de seis Sporting Zas 0-2 Dumbría Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo Pallas, Diego (Fabi m.85), Anxo Tarrío, Bruno, Lagoa, Rubio (Róber m.69), Dani, Manu (Josito m.69), David Agra, Chapela e Álex Flores Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Darío, Iago, David Carreira, Aarón, Adrián, Rivi (Fabio m.74), Adrián Nieto (Jose Miguel m.46), Rubén Márquez (Martín m.80) e Cristian (Charly m.63) Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Anxo Pallas, Diego, Chapela do Sporting Zas; Darío, Adrián, Fabio do Dumbría Goles: 0-1 m.44 Adrián; 0-2 m.88 Adrián A diferencia ten nome Ter ou non ter a Adrián no equipo marca o punto diferente entre a candidatura aos tres puntos coma a de onte de Zas e Dumbría. O derbi de Primeira estivo marcado polo acerto do punta fisterrán, en contraposición aos problemas de resolución dos de San Andrés. Empezaron fortes os sportinguistas, que na primeira media hora tiveron unha triple ocasión e dous tantos anulados, un a Álex Flores e outro a Chapela. Adrián tivo dúas. Nunha parou Anxo. Na segunda, xusto antes do intermedio, no perdonou. Non variou en exceso unha reanudación na que a ofensiva local atopouse con Iván Bouzón, e Adrián puxo a puntilla co tempo agonizando e o Zas volcado. Tordoia 0-0 Fisterra Campo: Gorgullos Tordoia: Juanjo, Dubra, Alberto (Gonzalo m.82), Rubén Fraga, Jorge, Jose Ángel, Adrián (Sergio m.54), Liste, Rubén Veiga (Iván Noya), Óscar Andrade e Denis Pose Fisterra: Joselu, Rubia, Robertín, Abel (Pablo Lestón m.64), Tati, Álex, Jesús, Adri (Piti m.54), Roco, Cote e Breoxo Árbitro: Couñago Rincón (Santiago). Amonestou a Robertín, Piti, Rubia e Tati do Fisterra Un muro chamado Fisterra Imbatido e invicto, o Fisterra anda cada vez máis confiado pola Primeira. Lonxe das dúbidas da súa anterior estadía, o cadro verde foi a Tordoia a unha dura loita e adaptouse ao rudo fútbol local. Houbo igualdade durante unha primeira metade moi física, mentres que na reanudación os locais levaron máis perigo. O único pero para os verdes foi certa falta de profundidade de cara á meta rival. Outes 0-4 Sigüeiro Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja (Cutu m.46), Chúa (Babu m.74), Maroñas, Pose, Chía (Edu m.79), Dani, Martín, Mario, Kim (Simón m.46) e Yago Dosil Sigüeiro: Pablo Souto, Óscar Rey (Jorge m.79), Fernando, Marcos Iglesias (Maroño m.65), Juanito (Sergio m.73), Pepe, Hugo, Nando, Álex Fernández (Iago m.79), Borja Sáinz e Aitor Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Amonestou a Pose do Outes e Maroño do Sigüeiro Goles: 0-1 m.26 Pepe; 0-2 m.35 Nando; 0-3 m.56 Álex Fernández; 0-4 m.77 Álex Fernández Moita diferencia O bo facer do Sigüeiro, máis experimentado e entonado, quitoulle rápido toda a competitividade entre o Outes e os santiagueses, letales de cara a gol. Tentouno o cadro de Roque, pero rápido quedou sen opcións de puntuar.

Comentarios