Venres. 19.04.2024
El tiempo

Promoción de 3ª e Previa da Copa da Costa

Promoción de 3ª e Previa da Copa da Costa

PROMOCIÓN DE 3ª

CABANA S.D. 1 - C.F. PORTEÑO 2 CABANA: Víctor, Duda, Laik, Isma, Mateo, Manolo, Cacha, Castro, Ferreiro e Pablo. Tamén xogaron Manuel, Alberto e Cristian. PORTEÑO: Jonatha, Adrián, Caamaño, Pejo, Vicente, Manu Castiñeiras, Jorge, Rachón, Velo, Espi e Luis. Tamén xogaron Angel, Wii e Canosa. GOLES: 0-1 41´Rachón   1-1 57´Castro   1-2 75´Rachón O Porteño eliminou ó Cabana da promoción de ascenso ó vencer nas Redondas por 1-2. A actuación de Rachón, claramente o home da eliminatoria, foi decisiva. Despois do golazo que anotou na Grixa, onte volveu a marcar dous tantos, o segundo deles de preciosa factura. O encontro foi apaixoante. Isma tivo unha ocasión clarísima para os locais nun remate dunha falta lateral. Adiantou Rachón ó Porteño a pouco do descanso. No segundo tempo o Cabana xogou 20 moi bos minutos, igualando o encontro nunha boa xogada de Castro, e estrelando un balón no longueiro por medio de Isma. Pero foi Rachón o que decidiu, cun golazo de vaselina, e no último cuarto de hora o Cabana non tivo apenas ideas e o Porteño levouse a eliminatoria. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf/videos/1758511317547002/?t=0" width="600" height="400" onlyvideo="1"]   S.D. AMEIXENDA 1 - CAMELLE S.D. 0 AMEIXENDA: Papi, Samuel, Oca, Bichiño, Bruno, Chucho, Piquero, Castreje, Alex, Cristian e Adan. Tamén xogaron Susiño, Borja, Pablo e Juan Antonio. CAMELLE: Caamaño, Sergio, Rubén, Angel, Pablo, Carlos, Miguel, Méndez, Mario, Adrián e Varu. Tamén xogaron Adrián Tajes, Vieites, David e Tedín. GOL: 1-0 44´Alex Expulsados Miguel Riveiro 88´e Angel Riveiro 89´ O Ameixenda eliminou ó Camelle nun polémico partido con desagradable desenlace final. O inicio foi de imprecisións, con pouco fútbol e moito balón longo. O Ameixenda tivo un par de boas ocasión, un disparo de Piquero no 28´ e un centro que o gardameta visitante case mete na portería no 42´. Chegou o gol de Alex cun forte disparo a pouco do descanso. No segundo tempo o Camelle busco o gol Unha gran xogada de Angel Riveiro terminou dun disparo cruzado no 55´. Pouco despois foi anulado un gol ó Camelle por fora de xogo. O partido foi esmorecendo, co Ameixenda controlando o encontro e un Camelle con pouco fuelle. No treito final foron expulsados os irmáns Riveiro, que saíron do campo cun comportamento nada exemplar, tirándolle a camiseta ó colexiado e escupindo ó delegado local, según reflexa a acta do encontro. COPA DA COSTA. ELIMINATORIA PREVIA. Corcubión e Seaia toman vantaxe na ida da eliminatoria previa da Copa da Costa. En Laxe, total espectáculo goleador, con dous equipos desatados na ofensiva, e un Corcubión que remontou o encontro. Adiantáronse os visitantes, pero o Laxe en 10 minutos anotou tres tantos. Antes do descanso igualou o Corcubión, pero no 44 o Laxe puxo o cuarto. 4-3 ó descanso!. No segundo tempo o Corcubión, lonxe de contentarse, remontou o encontro.  En Malpica, sen embargo, a igualdade foi a nota predominante. Venceu o Seaia cun solitario gol de Mario Pensado. Foron expulsados Germán por parte visitante e Mara por parte local. S.D. LAXE 4 - U.D. CORCUBIÓN 5 0-1 6´Rodri   1-1 18´`Felipe   2-1 20´Santi   3-1 28´Paredes   3-2 30´Rodri   3-3 36´Lestón   4-3 44´Jorge   4-4 51´Samu   4-5 84´Lema de pti SP. SEAIA 1 - C.F. CASTRELO 0 1-0 29´Mario Pensado

Comentarios