Venres. 29.03.2024
El tiempo

QPC lanza a APP do Fútbol da Costa

QPC lanza a APP do Fútbol da Costa
descargar a app do fútbol da Costa

Por fin! Xa temos a APP "Futbol da Costa" lista para descargar, polo de pronto, na Play Store de Android. En iOS aínda está en proceso de validación, pero pronto poderemos seguir os partidos en directo con este carrusel tecnolóxico, pioneiro, unha vez máis, en Galicia.

Unha Aplicación que nace dende QPC, coa axuda inestimable da empresa santiaguesa Tesla Technologies, e que chega da man dun Jorge Parri que non dá feito con tanta información. Parri, que anunciaba a APP como sorpresa na Gala de presentación do Álbum, xa non terá que meter no Facebook cada movemento, xa poderá engadir os resultados na plataforma para que se poidan ver todos os resultados en tempo real dende os dispositivos móbiles, e tamén dende www.futboldacosta.com.

Jorge Parri presentando a APP na Gala do Futbol da Costa

Que corran os goles!"

Deste xeito, pedímosvos que nos manteñades informados dende os campos da zona, tanto a Jorge Parri, como a Ubaldo QPC como a David Castro, dos goles que van acontecendo, para poder ir actualizando os resultados en tempo real.
Unha colaboración sen a que sería posible armar unha idea como esta, así que antes de nada agradecemos a todos os que estades nos campos e que nos mandades un whatsapp contándonos os goles.

Ademais, poderás gardar os teus equipos favoritos, poñendo unha alerta cada vez que marquen os teus.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios