Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Álbum de cromos do #FutboldaCosta

O Álbum de cromos do #FutboldaCosta
Album de Cromos do FutboldaCosta - QPC

Chega a bomba do verán. E do inverno, pois o percorrido desta proposta de seguro que dura toda a temporada. O equipo de QPC está a piques de lanzar o primeiro Album de Cromos do Fútbol da Costa.

Dando unha volta máis ao tirón que ten este deporte na zona, quixemos render unha homenaxe ao noso fútbol, aos nosos xogadores, e convertilos en grandes estrelas. Xa non só Gudelj, Bebeto, Cristiano ou Messi teñen o seu cromo, senón que os Doro, Josiño, Míchel, oBello, e así ata 600 xogadores, terán o seu!

Serán 27 os equipos que entren neste primeiro ano de Album de Cromos. Os 4 de Preferente, os 5 de 1ª Autonómica e os 18 da 2ª Autonómica. Esta campaña non nos foi posible meter aos equipos da 3ª, o que nos deixa a porta aberta para o que vén facer un novo album coa 3ª como protagonista.

Polo de agora estamos recabando datos dos clubes, e en breve, cando os equipos vaian conformando os planteis definitivos, nos poremos a sacar as fotos clube por clube. O album será toda unha Enciclopedia do fútbol costeiro, cos multitude de datos como o palmarés de cada equipo ou a traxectoria de cada xogador.

Puntos de venta

Pensamos sacar o album a comezos da tempada, e o sacaremos en diferentes puntos de venta de toda a zona. Xa estamos contactando cos míticos bares futboleiros de cada vila, e con algunha librería ou quiosco. Esperamos chegar a cada rincón da Costa!

Unha iniciativa do equipo QPC e SportCrom

E todo gracias ao traballo do equipo de Deportes QPC, con Alberto Pose, Óscar Santos, Manuel Varela e o gran Jorge Parri como fotógrafo oficial da proposta. E como non, SportCrom, empresa encargada da edición e publicación dos albums. E ollo ca calidade, que Panini queda cutre ao carón dun album de SportCrom!

Podedes estar atentos porque informaremos de todas as novidades en QPCDeportes pero sobre todo a través do Facebook Fútbol da Costa.

Longa vida ao #FutboldaCosta!!!!

Máis información

Fonte

Comentarios