Venres. 29.03.2024
El tiempo

Que nunca falten os Emilios

Que nunca falten os Emilios
A lenda do Buño foi homeaxeada por rivais, árbitros e políticos, nunha tarde na que o Corme aproveitou para unirse á festa de Xaviña e quedar líder en solitario; as ligas superiores deixan unha gran sensación de gozo Emilio foi homeaxeado antes do partido ante o Corme Emilio foi homeaxeado antes do partido ante o Corme O espírito de Nadal empapou unha xornada de despedida do 2016 en forma de conto ou de película ao estilo de 'Qué bello é vivir' de Frank Capra. Por Xaviña (Buño) pasou a maxia destas datas e, nunha unión de forzas que xa quixera o balompé da Costa para a maioría das súas decisións, a lenda local Emilio recibiu unha máis que merecida homenaxe á súa traxectoria: 25 anos ininterrumpidos no Buño, sen unha soa expulsión nese cuarto de século. Ao acto sumáronse o Concello de Malpica, o Comité Técnico Galego de Árbitros e o Corme, rival na xornada de hoxe e novo líder en solitario da competición. Porque cando pitou o árbitro pareceron esquecer os de Lentejo toda esa maxia e fraternidade e case borraron ao seu rival do campo. A xornada deixou tamén o tropezo do Baio e a sensación de que o Mazaricos está en modo cazador da selva, que en canto cheire a problemas na cabeza aproveitará para tentar un mordisco histórico. Marcha tamén para o parón con aires renovados un Unión Club Cee que deu o sorpresón en Castriz, mentres que Corcubión, Baíñas e Laxe cruzarán o ano en zona de inferno virtual. Cun sorriso na boca despide a Costa o fútbol das súas categorías máis ilustres. Na Preferente foron nove de nove puntos, con estrea vitoriosa e moi positiva de Víctor Pazos no banco dun Soneira férreo, mentres que o Xallas conquistou outro feudo histórico e o Sofán acadou a súa mellor versión. Os combeses acaban 2016 sextos, a só tres puntos da promoción de ascenso a Terceira, mentres que os carballeses son séptimos. Para o Soneira a línea é a aínda moi fina. Tamén a Primeira foi virxe en derrotas, e para o Outes foi unha bendición, cun éxito en forma de tres puntos en Silleda que abre unha nova horizonte de traballo. Pablo Mallón arrincou co Zas puntuando en Villestro, territorio normalmente difícill, mentres que o Fisterra deulle un gran regalo de Nadal á súa parroquia con tres puntos máis na carreira de permanencia. Os de Nacho deixan xa sete puntos sobre o descenso, catro máis que o Sporting. O do Dumbría é xa de mención aparte e tamén son sete puntos, pero sobre o segundo. Na Terceira, amén do paseo do Muxía, viven un momento de plenitude o Ameixenda (desfíxose do Nantón) e un Lira que seguro que se por el fóra non habería parón de Nadal. As cartas dos Reis Magos, polo menos nas categorías que non son da Liga da Costa, chegan esta vez con menos necesidades e son un espello do momento de forza do balompé da zona. Unha marea imparable conquista Galicia, polo menos en ilusión.  

PreferenteNorte, xornada 18

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 16

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 16

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 15

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 11

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 15

LigaGalega Cadete, xornada 15

1ªCadete, xornada 12

LigaGalega Infantil, xornada 14

1ªInfantil, xornada 14

LigaAlevínSur, xornada 10

LigaBenxamínSur, xornada 10

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios