Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Razo acolle un novo Campionato Galego de Surf

Razo acolle un novo Campionato Galego de Surf
Proba de surf sub16 en Razo Ambientazo en Razo nunha proba surfeira do ano pasado-Foto-Edu Bartolomé Campionato Galego de Surf en Razo 2017

A Federación Galega de Surf vén de presentar o Campiobato Galego de Surf Individual e por equipos. Unha cita que terá na praia carballesa de Razo, compaxinando espazo co Orzán herculino, durante os días 2, 6 e 10 de decembro. 3 días de surf de máximo nivel no areal bergantiñán, para seguir afiandándoo como referente galego e estatal.

Haberá toda clase de categorías polo que se prevé que a zona sexa un fervedoiro de actividade, con centos de persoas arredor deste deporte que cada ano se convirte nun potente motor económico. Así o refrenda a existencia de dous campamentos de surf na propia praia de Razo.

O sábado 2 de decembro será o día dos Open absolutos de Surf, Body, Paddlesurf e Longboard. Os días 6 e 10 terán lugar as categorías de base, de sub-18 a sub-12.

Este venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org.

Novas surfeiras

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios