Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Razo vivíu unha fin de semana de surf e pop

Razo vivíu unha fin de semana de surf e pop

3ª Proba do Circuito Galego Open de Surf – Praia de Razo (Carballo) from Federacion Galega de Surf on Vimeo.

Converteuse Razo no centro surfeiro do país esta fin de semana, e repetirá para 27 de xullo para o Festival Sereas e Piratas. Pero é que os pasados 4, 5 e 6 de xullo o Festival Pop Up mesturou a música pop coa mellor onda.

O sábado, ao longo do día, tivo lugar no areal de Razo, Concello de Carballo, a 3ª proba open de surf do Circuito Galego 2013. A proba contou con 43 inscritos repartidos nas categorías de open masculino, open femenino e master masculino.

O espectacular día prometía boa entrada, e a praia estaba abarrotada de xente que se achegaba a ver o campeonato e xente que quería disfrutar dunha tarde de praia. Menudo espectáculo deron os riders da costa galega ante os espectadores da praia de Razo.

Chegaron participantes de todo o mundo Canarias, Coruña, Oleiros, Nigrán, Lugo, Ferrol, Pontevedra e ata California. Xa podedes ver os resultados en web da Federación Galega de Surf.

Surf polo día, pop pola noite

Ambientazo no Festival Pop Up

E como dicimos, xa pola noite, tocou disfrutar de boa musica no Festival Pop Up! Dorian e Estereotypo, entre outros, fixeron vibrar ao público, como nos contan os amigos de Tanaka Music.

Así, que en dúas semanas, prepárense, que volveremos por Razo a disfrutar dos deportes acuáticos e do pop, co Festival Sereas e Piratas.

Máis información

Novas surfeiras

Novas festivaleiras

Fonte

Video Surf en Razo

comentarios