Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Repaso ao estado das Ligas de FS da Costa da Morte

Repaso ao estado das Ligas de FS da Costa da Morte
Choque da Liga de FS de Mazaricos-Yoni Tunas-Pescalo Choque da Liga de FS de Mazaricos-Yoni Tunas-Pescalo

Aproveitamos esta fin de semana para facer un repaso a todas as Ligas de FS da Costa que seguimos en www.futboldacosta.com. Imos por Cee, Corme-Ponteceso, Carballo, Malpica e Mazaricos para recordar como van pegando os equipos.

Segunda Fase en Cee

Liga FS de Cee -Pub Nerio-El Armario de Marta O Pub Nerio-El Armario de Marta foi finalmente campión da 2ª División da LIga de FS de Cee

Rematou a Liga e o Máis Deporte proclamouse novo Campión da Liga de Fútbol Sala de Cee, tomando o relevo da Cantina, ao que lle levantou o título na penúltima xornada.
O fisterrán Bruno, con 20 goles, foi o pichichi da 1ª, por diante do seu compañeiro na Cantina Roberto (13 tantos) e de Diego Cespón, do campión (13 goles).

Na 2ª División, ascenden PubNerio-El Armario de Marta e Panadería Pichín. Ambos se xogaban a honra de levar o campionato na última xornada e os do Ézaro puideron cos ceenses.
O mítico Fran Pioto, do Estrella Roja, foi o pichichi con 30 goles, polos 21 de Lucas Riveiro do campión, e os 18 de Diego Lojo, do Garaxa Xallas.

Agora, tralo parón desta semana, comeza xa o Play Off con doble partido dende Cuartos. Enfróntanse os 4 primeiros de cada liga para conseguir o título final.

Play Off Liga de Futbol Sala de Cee  

1º contra 2º en Mazaricos

Choque da Liga de FS de Mazaricos-O Corvinho-Alborada Choque da Liga de FS de Mazaricos-O Corvinho-Alborada

Seguen os Gorrións voando máis alto na liga mazaricán dos sábados, pero terán este día 5 o choque máis importante da Liga. A falta de 4 xornadas para o final, o Alborada, 2º a 5 puntos do líder, medirá as verdadeiras forzas dos paxaros. Ben é certo que o Alborada vén dun empate ante o Excavacións Yoni Tuñas, pero aínda esperan vencer para meterse na loita polo título.
Lembren, sábado 5 ás 21:30h, duelo no pavillón da Picota,

 

O Prisma-Illa-JB manda sen piedade

Non ten rival o Prisma-Illa-JB na liga sabatina de Malpica. Saca 8 puntos aos seus perseguidores San Frencisco e Bar Avenida, que se non gañan permitirían que o líder cantase o alirón con 3 xornadas de marxe se vence ao Bar O Cruce. Este sábado 5 nova xornada completa dende as 17:00h.

 

Igualdade na segunda fase de Ponteceso-Corme

O Bar Faro Roncudo do ano pasado O Bar Faro Roncudo do ano pasado, volve ser un dos favoritos na Liga de Corme-Ponteceso

Tamén os sábados temos liga en Ponteceso. E xa estamos na segunda fase, coa 1ª e 2ª División formadas e xa na 4ª xornada. Nas 3 primeiras vemos que o Faro Roncudo, un dos grandes favoritos, xa se asoma no alto da táboa, pero co permiso de Talleres Cotelo e Cervexería Ágora-Capelán. Precisamente a xornada deste sábado 5 a protagonizan o Faro Roncudo co Ágora, a partir das 15:50h.

En 2ª, igualdade máxima, con 6 equipos sumando 6 puntos nas 3 primeiras xornadas.

 

As 3 Ligas en marcha en Carballo

Imaxe dun choque entre o Interfutsal-Deportes San Remo e o Restaurante Río Sil da Liga de Futbol Sala de Carballo Imaxe dun choque entre o Interfutsal-Deportes San Remo e o Restaurante Río Sil da Liga de Futbol Sala de Carballo

Despois do remate da primeira fase, nas que O Pazo e Brasería Carballo vencían os seus Grupos Azul e Vermello, arrincaron xa as 3 novas liguillas carballesas, cos grupos chamados Concello de Carballo, AD Carballo e donClic. Esta semana tocaba parón, pero a partir do luns 7 xa se retoman os partidos.

 

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios