Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Repaso costeiro ao Rali da casa, o Rali de Noia

Repaso costeiro ao Rali da casa, o Rali de Noia
Ramon do Camaron no Rali de Noia-Foto-Eduardo Ventoso

Un ano máis o Rali de Noia non deufraudou. E pese ao mal tempo que había pola mañá, zstrong>os tramos estaban cheos de xente, puido congregar a cita automobolística do ano máis importante do ano na zona, a unhas 40.000 persoas, que se di pronto. Por algo é para QPCMotor, o Rali da Casa, pois participaron ata 7 pilotos costeiros.

Xa sobre o Rali, os irmáns Pais mandaron de principio a fin, levando todos os Scrach do rali. Parecía que só Meira podía facerlle algo de fronte, pero unha forte saída no segundo tramo da mañá deixaba un rali moi doado para os Pais que levaban o seu Evo X de AR Vidal o máis alto da clasificación.

No 2º posto do podium estaría o piloto de Dumbría, Manolo Senra e Faustino Suárez. Volvían os de Olveira a enfundar o mono e demostrando que esto non se olvida dun día para outro, e pese a falta de rodadura. Estiveron aí arriba durante todo o rali, loitando cun sempre rápido Carracedo, que ocupaba a 3ª praza do podium.
No 5º posto encontraríamos o piloto local Fran Oviedo, que conseguíu levar o seu Citroen C2 ao máis alto da copa Volante FGA e a un quinto posto impensable o principio de rali ca calidade de coches que había.

Boa participación costeira

No posto 30º encontramos ao seguinte piloto costeiro, o muradán Juan Lojo, que volvía conseguir o 1º posto dentro da súa categoría. Mágoa dunha desllantada no segundo tramo de Muros, xa que ata ese momento estaba loitando por entrar entre os 15 primeiros, postos nos que entraría seguro vendo os tempos que marcou todo o día, amén de arriscar pola tarde a calzar rodas de mollado cando o piso estaba totalmente seco.
“Estou, dentro do que cabe, contento, xa que quitando o problema que tivemos, os tempos empezan a saír, e vamos collendo confianza no coche a segun pasan os kilometros. Pola tarde, tendo nada que perder, intentamos dar a sorpresa saíndo con neumáticos de mollado, xa que o ceo estaba negro, pero a sorte non se puxo da nosa parte. Ahora a pensar en Narón e intentar quedar entre os 15 primeiros”, afima Lojo.

No posto 83º encontramos o piloto de Cee, Manuel Lado, que conseguía o seu obxectivo: acabar o rali, o seu primeiro rali. “Non olvidarei nunca o rali, vendo as condiciósn dos tramos, que saíamos con rodas de calle e que tivemos un problema cunha fuga no radiador, acabar o rali sabenos a vitoria”, valorábanos emocionado. “Quero agradecer tamén a todos os que me apoiaron e sobre todo os patrocinadores que colaboran con nós”. Esperamos que esta non sexa un proba esporádica e que pronto poidamos volver a ver a Manuel por máis tramos.

O piloto de Esteiro, Ramón do Camarón, conseguía “acabar” o rali que era o obxectivo, pero unha vez dentro do parque quedaba fora del: “fixen un trompo motivado pola alegría e o xenio de acabar pero cagueina, xa que me costou un 37 da xeral, pensei que non sería para tanto”.
Bo rali para Ramón que conseguía “acabar” co coche enteiro. “Nos tramos da mañá corremos de máis para o material que ten o noso coche!!! Pero bueno, saíu bastante ben aínda que na segunda pasada do Tambre teríamos un pequeno toque e tiven que ir ata a meta amodo, xa que unha llanta encheuseme de terra e parecía que se me desconlluntaba o coche!!despois a tarde estaba o día medio jodido e saín con mixtas. Mala elección, posto que o tramo estaba para seco!!! Na última asistencia ía montar seco pero empezou a chubiscar e decidín deixar as rodas como estaba e outra vez me saíu o tiro pola culata”.
Sorprendente a cantidade de xente que vin animando o piloto de esteiro, raro era o tramo onde non vías unha prenda do equipo.

O equipo Brens Racing formado por Heri Atán e Daniel Dominguez, tivo un mal rali. Primeiro romperon unha rótula; cambiárona e seguiron en carreira. Despois tiveron outra saída e tiveron que ser axudados por un tractor para volver a carreira e acabar así a mañá. Poa tarde víronse obrigados a abandonar por culpa dun problema na caixa de cambios.
“O lado positivo é que seguimos sumando experiencia e esta xa nos vale para aprender (a parte de levar rotulas no coche hai que saber parar para cambialas) jajajajaja”. “Non foi moi ben a cousa non, saímonos no segundo tramo (perdemos uns 2 minutos... os afeccionados axudáronos a saír ó negro... no terceiro volvémonos a saír e perdemos uns 20min pero loitamos para quitarlo de alí, e conseguímolo pero pola tarde a caixa decidiu que non era suficiente sufrimento e deixounos tirados... Estamos con gañas de máis. O coche parece que funciona ben,no primero tramo fixemos 17 da xeral sen haber rodado case co coche”, explícannos.

Outro que debutaba era o piloto do Ézaro, Ramón Louro, pero tamén se vía obrigado a abandonar, xa que por a mañan sufriu unha saída de pista e perdendo moito tempo nunha cuneta, pero puido continuar, pero a tarde un problema de embrague obrigaballe a abandonar.
“Nesta ocasión toco sufrir a cara amarga das carreiras. Primeiro unha saída de pista na que perdemos moito tempo o quedar atascados na cuneta e logo unha avería no embrague acabaron prematuramente ca nosa participación no Ralli de Noia. Unha pena por toda a ilusión posta nesta carreira e por privarnos dun bo resultado na estrea. Aproveitamos para felicitar a todos os membros de Senra Sport, a Manuel Senra e Faustino polo seu gran resultado e ós mecánicos polo que traballaron na asistencia para por o noso coche en orden despois do primeiro bucle. Vémonos nas cunetas!”, avisan.

Por último, o equipo Sps Competición de San Mamede formado por Pedro e Josiño, facía unha mañá moi boa, chegando a facer incluso un 6 da xeral. De seguir así o equipo de Carnota ía camiño de quedar entre os 10 primeiros, correndo moito e pese algún trompo que lle fixo perder algún tempo, e un problema cos tempos no primeiro tramo (penalizando sen motivo máis de 10sg), estaban aí arriba loitando cos pilotos habituais da cabeza. Pero no primeiro tramo da tarde, un problema cos freos provocaban unha forte saída de pista, na que non lle pasou nada a eles, pero o coche quedaba fora de carreira.
“Pola mañá fomos ben, tivemos un problema co escape que nos rompeu pero o coche ía ben e puidemos correr. Pola tarde saíamos a afianzarnos nos postos dianteiros pero un problema nos freos deixounos fora de carreira. Agora temos que evaluar os daños do coche”, cóntanos o amigo Pedro Pichín.


E ata aquí un completo repaso á participación costeira no Rali de Noia, o rali da Casa. Seguiremos atentos ao mundo das 4 rodas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios