Venres. 19.04.2024
El tiempo

Repaso da Semana Santa futboleira

Repaso da Semana Santa futboleira

Non había xornada completa do fútbol da Costa pero si que houbo varios encontros. Pois de Preferente si que houbo xornada, e tamén comezaba a Copa da Costa 2012.

Un dos que tivo máis choio foi o Lira, que disputou 3 partidos (ou 2 e medio...) na fin de semana. E se estes días repasaremos as citas cos torneos, de contado repasamos a xornada dos partidos de afeccionados.

Preferente: Soneira - Unión (2-0)

Vital vitoria para os de Miguel, que se enfrontaban a un dos que ocupan postos de descenso. Os soneiráns foron superiores en todo momento e materializaron a vitoria por medio de Iago (min.25) e Andrés (min.85). Non sentenciaron ata o final e iso que tiveron moitas ocasións para sentenciar, como un par de Vía Rápida diante do porteiro, un tiro de Andrés ao pao, outro de Iago lambendo o longueiro, ou unha de Kike que salvaron baixo paos.

Con esta cómoda vitoria o Soneira queda con 8 puntos de vantaxe sobre o Xove Lago, que marca o descenso, e 10 sobre o propio Unión.

Preferente: Santa Comba - Chantada (2-1)

Vitoria máis cómoda da que indica o marcador do Santa Comba. O Chantada, que non é o mesmo que o da primeira volta, apenas puxo en perigo a vitoria, i é que malia ser un resultado curto, que sempre deixa espazo para a incertidume, foi bastante sinxelo para os xalleiros.

Primeira metade monocolor laranxa. E a segunda tamén, ata cando quedaron con 10 os visitantes, que provocou a excesiva relaxación dos locais e o partido igualouse. Marcaron para o santa Comba Agustín de falta e Julián en xogada persoal.

Preferente: Dumbría - Bertamiráns (0-0)

Non atoparon o seu xogo os dumbrieses e non pasaron do empate a 0 ante o Bertamiráns.

Preferente: Ribadeo - Xallas (4-1)

Mal partido dos xalleiros que voltaron de baleiro de Ribadeo e permiten que os da Mariña lles alcancen nos 38 puntos.

3ª Autonómica: Muxía - Lira (2-2)

Disputábanse o xoves os 19 minutos que restaban non se moveu o marcador, a pesar de que puido. De feito houbo ocasións para os dous bandos. Gabri puido facer o 2-3 se non salva Ángel na liña de gol tras regatear a defensa e porteiro no min.85. E 3 despois oi o Muxía tras un córner quen puido marcar tras unha saída en falso do meta liracho cun remate de cabeza ao longueiro.

3ª Autonómica: Xaviña - Soneira B (1-3)

Último partido para pechar a xornada 33 da 3ª que o filial do Soneira solventou. Primeira metade moi clara de cor visitante, pero a segunda foi máis igualada. Marcaron polo Soneira B, Ricardo, Chuchi de penalti, e o terceiro Dani dende fóra da área.

Copa da Costa: Corcubión - Lira (4-0)

Comezou a Copa da Costa 2012, con unha previa adiantada a esta Semana Santa. E o cadro local sentenciou a eliminatoria xa na ida cos tantos de Lourido (2), que volve recuperar o olfato, Mario e Lema.

Copa da Costa: Lira - Corcubión (Susp.)

Suspendido con 1-3 no marcador no minuto 63 e tras 4 expulsións. A actuación arbitral non gustou dun lado nin doutro, e tras expulsar a 2 corcubioneses (José de Atalaya e Conguito) e 2 lirachos (Fran Chans e Ancho), o propio Ancho non quixo saír do campo e o partido suspendeuse a falta de case media hora. Haberá que ver que decide o Comité unha vez que a eliminatoria estaba sentenciada.

>Os dous equipos quedaron rotos coa prepotencia arbitral (chegaron con dous liñas e mesmo con "pinganillo"), que acabaron eles sós o partido. E iso despois de que chegaran os Garda Civís no descanso nun partido que non pasou nada.

Marcaran para o Corcubión Lourido (2) e Sebas, e por Fran Perico por bando liracho.

Copa da Costa: Carnota - Volantes (2-1)

Posiblemente o partido máis bonito da Semana Santa o vivido en Lombáns nun encontro adiantado da Dezaseisavos. Dous equipos moi igualados, ademais derbi cormarcal, nun campo ateigado con dúas afeccións volcadas trala boa campaña que están desenvolvendo os dous equipos.

Foi un choque igualado, que puido caer de calquera lado, se ben os carnotáns tiveron un pouco máis de control e algunha ocasión máis.

Adiantouse o Volantes cun tanto en propia meta por medio de Pedro (min.50). Pero a resposta local non tardou e aos 10 minutos Toniño Goyanes de falta. Foi Manoliño o que preparou o gol da vitoria, e tras unha boa xogada individual, o seu tiro foi rexeitado polo meta muradán, pero aló estaba Jacobo para poñer a puntiña.

Queda o partido aberto para a volta en Miraflores.

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios