Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana do #futboldacosta con focos na Pref. e na Fase de Ascenso

Resultados da fin de semana do #futboldacosta con focos na Pref. e na Fase de Ascenso

Dúas frontes importantes na tarde deste domingo 20 de maio: Fase de Ascenso á Liga da Costa e a Preferente, onde Soneira e Xallas se xogaban o descenso.
E boas novas para o Soneira e para o Xallas. De feito, o Soneira xa está salvado, tras vencer o choque máis importante dos 3 que ten co Santa Comba. Tras caer na Copa o sábado, hoxe vencía a un cadro laranxa con moitos xuvenís. Ademais, ambos se aprovietaban do empate do Santiago ante a SD, que todos pensaban que ía ser un regalo.
Os xalleiros tamén deron un paso xigante, vencendo ao Unión e aproveitándose tamén dese empate do Santiago. Así, aínda perdendo o domingo que vén, estarían salvados co ascenso do Ourense o vindeiro sábado, e que parece encarrilado tralo 1-3 de onte.

Na Fase de Ascenso á Liga da Costa houbo resultados importantes que deixan aos equipos muradáns con medio pé na Liga da Costa. O Volantes sacou un 5-2 que pode ser definitivo, pero Cerqueda agarda que a volta sexa un inferno. Pola súa banda, o Montelouro, moi serio, asinou un 2-0 ante o Cabana, pero parece que aínda haberá que sufrir, e moito, a vindeira semana nas Redondas. Un Cabana que xogou 4 partidos en 4 días, no momento máis importante da tempada.

E xa falabamos onte da Copa, e de contado subimos as crónicas, pois hoxe tamén se disputou o Camariñas-Corme, un partidazo no Hermanas Patiño, que deixa todo para a volta.

Tamén se disputaba a ida dos Oitavos da Copa de Veteranos, con varias eliminatorias case sentenciadas. Bergantiños e Castriz teñen un pé nos cuartos e Corcubión e Muros encarrilaron o pase.

Preferente, xornada 37

Dumbría 0-4 Boiro
Xallas 6-0 Unión
Soneira 3-1 Santa Comba

Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica

5-2Volantes - Cerqueda--
2-0Montelouro - Cabana--

Copa da Costa, Ida dos Cuartos de Final

Copa Xuvenil, Ida da Final

2-2Cabana - Zas--

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios