Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no fútbol costeiro

Resultados da fin de semana no fútbol costeiro
Unha xornada menos nas ligas da Costa e salvo na Primeria Autonómica, no resto de categorías practicamente esta todo feito. Na Preferente o Soneira colleitou un empate sen goles en terras noiesas que os mantén na oitava posición da táboa e esperando a que acabe esta longa tempada en terra de ninguén e coa salvación asegurada. En Primiera, por primiera vez na tempada se estivo moi preto de conseguir pleno, e aínda que sorprenda non foi culpa do Zas que non se conseguira, pois deu toda a sorpresa gañandolle ao Victoria pola mínima cun gol de Adrián a pase de Javi Suárez. Dumbría e Xallas gañaban a domicilio e agora lideran a clasificación empatados a puntos. O Cee segue con problemas cando xoga contra os da parte baixa e non puido pasar do empate na casa fronte ao San Tirso. Na liga da Costa gañaron os catro primieros e todo segue igual e cunha xornada menos. O camariñas gañou en Vimianzo, pero con máis apuros do que indica o marcador. O Sofán gañáballe aos veciños e o Muros vencia en Corme, polo que os muradáns seguen a un punto dos carballeses na loita polo terceiro posto. Pola parte baixa, o Porteño perdía co líder o sábado, mentres que o Carnota gañáballe ao Dumbría B e recurta a dous puntos a distanzas cos da Ponte do Porto para evitar o penúltimo posto que leva a Terceira da Costa directamente. Na Terceira, a expectativa esta toda posta no enfrontamento entre Nantón e Corcubión que podía deixar a loita polo ascenso aínda aberta, ao final un empate moi polémico e con moitas queixas arbitrais por Nantón. O Coristanco gañou con moitos apuros ao Corcoesto, pero ve como a distanza co Corcubión se queda en catro puntos polo que misión case imposible de poder asaltarlle a terceira posición ao equipo de Manín a falta de dúas xornadas para o remate. Preferente, xornada 32
Noia 0-0 Soneira

1ª Autonómica, xornada 28

Zas 1-0 Víctoria
Olímpico 0-1 Xallas
Imperator 0-1 Dumbría
Cee 1-1 San Tirso

2ª Autonómica, xornada 28

Porteño 0-2 Ponteceso
Corme 0-3 Muros
Sofán 3-2 Club do Mar
Dumbría B 0-1 Carnota
Vimianzo 2-6 Camariñas
Buño 1-1 Castriz
O Pindo 3-2 San Lorenzo
Fisterra 1-0 Malpica
Esteirana 2-1 Baio

3ª Autonómica, xornada 28

Indep. Carballo 3-2 Cerqueda
Xaviña 0-8 Mazaricos
Outes 3-1 Lira
Cabana 2-0 Laxe
Coristanco 2-1 Corcoesto
Nantón 2-2 Corcubión
Muxía 2-0 Alcaián
Muros B 2-0 Atl. Pereiriña

Copa da Costa Xuvenil, Oitavos - Volta

Segunda Cadete, xornada 24

Cabana 8-2 Outes
Coristanco 2-4 Muros
Corme 1-3 Con. de Carnota
Esteirana 6-0 Malpica
Dumbría 8-1 Cee
Baio 1-0 Soneira
Fisterra 1-1 Ponteceso

Segunda Infantil, xornada 20

Bergantiños B 6-2 Cabana
Zas 3-2 Outes
Con. de Carnota 5-0 E.D. Os Miudos
Dumbría 8-0 Cee
Esteirana 5-2 E.M.F. Vimianzo
Baio 1-7 Coristanco
Santa Comba 12-0 Muxía

Ligas Veteranos, xornada 25

1ª División

Corcubión Vet. 0-0 Zas
Ponteceso 2-2 Bértoa
Nantón 0-1 Cabana
Vimianzo 3-3 Xv. Bergantiños
San Román 3-0 Baio
At. Milagrosa 5-0 Camariñas
Castriz 0-3 Bergantiños

2ª División

Sofán 1-7 San Lorenzo
Porteño 1-2 Dep. Carballo
Malpica 2-4 Corme
Club do Mar 3-4 Club Corcoesto
Coristanco 2-2 Agualada
Buño 3-2 Leiloio
Cerqueda 0-4 Muros

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios