Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Resultados da primeira xornada do 2015

Resultados da primeira xornada do 2015
Daba comezo o 2015 e con él o fútbol voltaba os terreos de xogo da Costa en varias categorias. Unha xornada marcada por un tráxico suceso que ocorria na maña de hoxe sabado dia 3 de Xaneiro en Malpica, falecia o pai de CHARRO un dos xogadores mais queridos do noso fútbol e que nestes momentos milita nas filas do Buño. Dende estas lineas a familia de QPC e FUTBOL DA COSTA quere transmitirlle o Máis Sentido Pésame e todo o Ánimo e apoio posible nestes momentos tan tráxicos. Na Xornada futboleira desta tarde gardabase 1 minuto de silencio en todolos campos da Costa. A Xornada daba comezo na Preferente onde o XSC caía derrotado na casa do Dorneda con un axustado marcador por (3-2) e que fai que os xalleiros non comecen o ano como esperaban, ahora a esperar que nesta xornada os seus perseguidores non puntuen para continuar nas mesmas posicións. Na 1ª Autonómica o cadro do novo mister Manolito o Soneira vencía na casa no Derbi costeiro o Malpica por 2 - 0, ambos conxuntos con importantes baixas nas súas filas, pero os que estiveron nel, puxeronlle as mesmas ganas ou mais para levarse o encontro. Os locais levarianse a victoria tras un partido moi disputado. Na 2ª Autonómica teríamos dous encontros nesta xornada de sábado, o Camelle caía derrotado fronte o Volantes de Baño por 2-3 tras comezar gañando os locais e irse o descanso con un claro e merecido 2-0 o cal non lles serviría de moito, xa que un Volantes mais forte fisicamente levaríase o encontro. Noutro dos encontros o Cabana vencía pola mínima o Ponteceso 1-0 , onde o  encontro  suspenderíase durante un tempo tras unha xogada fortuita na que Iván Mato tería que ser trasladado en ambulancia tras caer sobre o cemento do lateral do campo e golpearse a cabeza. Dende estas lineas enviamoslle todo o ánimo posible e unha pronta recuperación, esperando que todo quedase nun susto. Mentras tanto na 3ª Autonómica o Corcubión goleaba sin piedade a un Laxe en horas baixas por un contundente 11-1. Os homes de Carlos Lema querían comezar ben o ano e que mellor maneira que con unha victoria así. Nas ligas Xuvenís na penultima xornada onde o Campión xa está decidido na zona Norte, a Esteirana vencía pola mínima o Corcubión por 2-1, mentras os Miudos vencían o Castriz por 3-0 e seguen a caza dese segundo posto que ten o XSC que disputará o seu encontro na mañá do domingo, o igual que o actual Campión da competición o Dumbria. No último encontro deste grupo o Cee vencía por un marcador moi axustado o Muxia o cal vencía por 4-3. No grupo Sur que as cousas seguen sen decidirse e non se decidirán ata a última xornada, o Camariñas segue lider e candidato a ser o próximo Campión deste grupo, vencía por un contudente 5-0 o Baio que segue neses postos de cola. Mentras o seu perseguidor o Cabana facía o mesmo vencendo o Laxe 2-7. O tercer clasificado o Porteño tamén vencía na casa o Malpica con outro marcador amplio, e vencía por 5-0 os Malpicáns. Mentras os seus veciños o Corme caían derrotados por 3-0 na casa do Coristanco. E para rematar a xornada nesta categoría o Zas vencía tamén por goleada o Ponteceso o cal lle endosaría un contundente 5-1. Na División de Honra cadete o Dumbría sacaba un resultado positivo o empatar na casa do Galicia Caranza 1-1 tras un bó encontro dos visitantes, en canto a Liga Galega cadete o XSC caía na casa contundentemente fronte o Calasanz o cal lles endosaria un 0-4  e o  funde mais na táboa clasificatoria. Tamén teríamos xornada de Cadetes na cal o lider o Corme e o seu perseguidor o Cabana disputarán o seu encontro na xornada de domingo, o que sí xogaba esta tarde era o Cee e a Esteirana que empataban a 2 e manteñense no alto da táboa. Por outro lado Os Miudos, Baio, Outes e As Baleas tamén vencían nos seus respectivos encontros. En canto a liga Infantil o lider o XSC empataba na casa a 1 fronte o Cabana, isto fai que a victoria do Fisterra na casa do Ponteceso por 2-4 os acerque a ese liderato que sigue comandado polos xalleiros. Nesta xornada a Esteirana,e o Corme vencían nos seus respectivos. Para a xornada de maña queda o Derbi Miudos - Outes. Estes son os resultados desta primeira xornada do fútbol costeiro neste 2015.

Preferente - Senra Sport, xornada 18

Dorneda 3-2 Xallas StComba
Dumbría 04/01 - 16:30 Castro

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 17

Piloño 04/01 - 16:00 Baio
Unión 04/01 - 16:00 Corme
Soneira 2-0 Malpica
Esteirana 04/01 - 16:00 Sigüeiro
Lesende 04/01 - 16:00 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 17

Camelle 2-3 Volantes
San Lorenzo 04/01 - 16:00 Fisterra
Porteño 04/01 - 16:00 Outes
Seaia 06/01 - 17:00 Baíñas
Cabana 1-0 Ponteceso
Zas 04/01 - 16:00 Mazaricos
Cee 04/01 - 16:00 Camariñas
Montelouro 04/01 - 16:00 Carnota
Castriz 06/01 - 12:00 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 17

Corcubión 11-1 Laxe
Lira 04/01 - 16:00 Cerqueda
Coristanco 04/01 - 16:00 Ameixenda
Muxía 04/01 - 16:00 Castrelo
  • Descansa Nantón.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 17

Outes 04/01 - 16:00 Dumbría
Esteirana 2-1 Corcubión
Os Miudos 3-0 Castriz
Cee 4-3 Muxía
Xallas StComba 04/01 - 11:30 Fisterra

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 17

Porteño 5-0 Malpica
Coristanco 3-0 Corme
Laxe 2-7 Cabana
Camariñas 5-0 Baio
Zas 5-1 Ponteceso

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 17

Galicia Caranza 1-1 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 17

Xallas StComba 0-4 Calasanz

1ª Cadete, xornada 16

Os Miudos 4-0 Coristanco
Corme 04/01 - 10.30 Ponteceso
Muxía 1-3 Baio
Fisterra 2-3 Outes
Sofán 3-10 As Baleas
Cee 2-2 Esteirana
  • Descansa Cabana.

1ª Infantil, xornada 16

E.M.F. Vimianzo 0-3 Cee
Xallas StComba 1-1 Cabana
Ponteceso 2-4 Fisterra
Coristanco 1-4 Corme
Zas 1-6 Esteirana
Os Miudos 04/01-10:30 Outes
  • Descansa Sofán.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios