Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Resultados do 1 de novembro

Resultados do 1 de novembro
Non para o fútbol da Costa. De feito aproveita cada festivo para completar as xornadas. Este martes 1 de novembro, día de Difuntos, había varias citas importantes. Pero en todas a preocupación polo estado de saúde do xogador do Pereiriña Gabri era evidente. De feito, ducias de xogadores e directivos de equipos de toda a bisbarra preguntáronnos polo seu estado e mesmo se achegaron polo Hospital para coñecer de primeira man a súa evolución, malia que non é recomendable que teña demasiadas visitas. As novas parecen positivas. Gabri continúa ingresado pero parece que a evolución é positiva e parece que a familia do Pereiriña vai estando algo máis tranquila. Avisan en todo caso que o camiño é longo e que haberá máis obstáculos que pasar. Estaremos atentos porque nestes vindeiros días poderemos ter máis novas sobre o sue estado. Entrementres repasamos a xornada futbolística, que iso si, vía como o partido entre Pereiriña e Independiente Carballo se suspendía por motivos evidentes. A cita máis destacada foi o encontro da Selección da Costa sub23 contra a Selección galega sub18 en Fontenla, que rematou nun empate sen goles. O combinado costeiro, dirixido por Huelvis e Berto prantaron cara ao combinado galego, e mesmo dispuxeron das mellores ocasións para levar o partido, sobre todo no segundo tempo con ocasións de Pablo Pérez, Toni e Adrián Prol. A nota positiva foi a resposta do público que case que encheu Fontenla para disfrutar dunha xornada festiva. A nota negativa, o meta xalleiro David, que rompía un dedo mentres quentaba. Mañá traeremos a crónica completa do encontro. Ademais había dous partidos da Liga da Costa que foran aprazados. O Corme afundiu máis ao Pindo, e o Nantón supera ao Zas na clasificación tras vencerlle pola mínima. A xornada na chegou con novidades, e cambio de líder. O Montelouro pinchou na xornada matutina ante un Porteño que non se descolga. E o seu tropezo foi aproveitado polo Outes que non perdoou ante o Corcoesto. Ademais, o Coristanco suma un punto máis (cun partido máis) que os muradáns, tras vencer noutro dos encontros da xornada ao Cerqueda. O Cabana segue por aí, ao igual que o Carnota que segue ascendendo sibilinamente. E ollo co Volantes, que como colla unha racha de regularidade se mete arriba seguro.

Encontros amigable

Selección da Costa sub23 0-0 Selección Galega sub18

2ª Autonómica, encontros aprazados

Corme 4-1 O Pindo
Nantón 2-0 Zas

3ª Autonómica, xornada 12

Indep. Carballo Aprz. Atl. Pereiriña
Porteño 2-0 Montelouro
Carnota 2-0 Laxe
Fisterra B 3-3 Cabana
Soneira B 1-1 Muxía
Cerqueda 0-1 Coristanco
Alcaián 0-3 Volantes
Outes 4-1 Corcoesto
Camelle 1-0 Xaviña

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11

Corme 3-2 Cabana
Camariñas 1-2 Ponteceso
Zas 0-1 Baio
Laxe 2-5 Muxía
Dumbría B 1-1 Malpica

2ª Cadete, xornada 9

Porteño 3-4 Malpica
Esteirana 7-0 Fisterra
Coristanco 1-3 Ponteceso
Dumbría 19-0 Muxía
Soneira 2-2 Outes
Cabana 2-9 Cee
Santa Comba 6-2 Camariñas
Baio 7-0 Zas

2ª Infantil, xornada 9

Cabana 3-1 Con. de Carnota
Fisterra 3-0 Coristanco
Vimianzo 1-6 Esteirana
Outes 1-3 Corme
Santa Comba 8-0 As Baleas
Muxía 1-9 Dumbría
Os Miudos 0-4 Cee

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios