Venres. 26.04.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar

Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar
Soneira-Silva- Foto-Jorge Parri Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar

Nova xornada do #futboldacosta esta da ponte do Pilar. Comezamos a crónica da xornada pola Preferente na que os nosos sumaron bos resultados. Onte adiantaban o partido Dumbría e Soneira, e se ben os dumbrieses non pasaban do empate a 0 ante O Val, perdendo unha boa ocasión para subir máis postos, o Soneira si que sumaba os 3 puntos e se coloca 8º a 1 só punto dos de Canosa. Hoxe, o XSC resarcíase da derrota da semana pasada e superaba con claridade a un rival directo, o Ribadeo, ao que deiuxa a 4 puntos. Os de Corredoira seguen 3º a 1 do Boiro e empatados co Grixoa.

En , resultados dispares oara os nosos. Malpica e Camariñas sumaban fantásticas vitorias ante o Estudiantil e Bertamiráns b, que os deixan 7º e 9º. Por contra, o Ponteceso deixou escapar de novo 2 puntos ao non finiquitar o choque tras colocarse 2-0 por diante e quedan con 7 puntos de 12º. O Fisterra conseguía un empate ante o Unión que sabe a pouco, quedando o equipo con 5 puntos en zona de perigo.

Na Liga da Costa, o Sofán segue intratabable. E xa parece que o da SD vai en serio, pois son 7 encontros sen coñecer a derrota e hoxe vencía por un claro 3-0 a un Volantes que chegaba moi arriba. Non dan tregua por detrás Corme e Esteirana que sumaron sufridas vitorias ante uns colistas que melloran cada partido, Cabana e Dumbría B que xa colleu Ángel Canosa ante a marcha de César Ferrío. O Baio tampouco quere descolgarse e venceu ao San Lorenzo, e o que parece que vai collendo o ritmo é o Cee, que vencía en Muros con rotundidade.

Montelouro-Outes-Foto- Edu Olveira

Sitúase o Porteño líder na 3ª tras sumar o seu 6º triunfo consecutivo. Os da Ponte solventaron con oficio e eficacia o choque ante o Alcaián, e sacan agora 2 puntos ao Independiente. Os carballeses non puideron pasaro do empate ante un Lira moi aguerrido que creou moito perigo. O Camelle, que se mantén 3º a 3 puntos do líder, caía ante o Fisterra B nun partidazo en Ara Solis. Ademais, Ceruqeda e Ameixenda asinaban táboas e se manteñen a tiro, como o Lira, mentres que Soneira B vencía onte ao Laxe colocándose en postos "uefa" e deixando abaixo aos laxenses.

En xuvenís o Fisterra deu a volta á Liga superando por 2-1 ao XSC que chegaba imbatido a Ara Solis. A igualdade é total e o Dumbría empata aos xalleiros que quedan a 2 do Fisterra tras soprender cunha contundente vitoria en Mazaricos, mentres que o Cee se pon a 6, igualado cos amarelos.
Polo norte, Malpica, de novo con Juny cun hattrick como protagonista, e Ponteceso seguen firmes. Os pontecesáns sufriron no derbi pero solventaron a base de veteranía con vitoria. O Cabana non cede e superou ao Laxe con solvencia, e o Baio tampouco parece que vaia deixar escapar esas 3 prazas con facilidade, e venceu, pola mínima, ao Camariñas.

Nas Ligas Galegas, só o Dumbría cadete colleitaba un bo resultado sumando unha nova vitoria que o mete segundo na táboa. O Bergantiños, que chegaba imbatido a Luga caía ante o filial do CD Lugo. En infantís, os de Juan Purrúa sufrían a primeira derrota ante o Boiro, igual que o Bergan ante un potente Deportivo.

O xogador do Dumbría da Liga Infantil Borja Bouzón presionando a un xogador do Boiro

En infantís Fisterra e Cee seguen imbatidos (o Cee cun partido menos) mentres que XSC, Baio e Cabana tamén son firmes candidatos.

Ollo aos Veteranos, que esta foi unha xornada completa, con novidades. O Cabana queda líder imbatido tras vencer en Zas. Por detrás o Xuv. Bergantiños que ten un partido menos e tampouco coñece a derrota tras vencer no derbi co Bergantiños. O Soneira, que comezara con moita forza, caía ante un Corcubión que quere meterse arriba.

Veteranos Corcubion-Soneira-Foto-Jorge Parri

Preferente, xornada 8

Dumbría 0-0 O Val
Soneira 1-0 Silva
Xallas StComba 4-1 Ribadeo

1ª Autonómica, xornada 7

Ponteceso 2-2 Amio
Camariñas 2-1 Bertamiráns B
Unión 1-1 Fisterra
Estudiantil 1-2 Malpica

2ª Autonómica, xornada 7

Esteirana 1-0 Dumbría B
Baio 4-2 San Lorenzo
Muros 1-5 Cee
Mazaricos 5-2 Corcubión
Zas 3-3 Buño
Corme 2-1 Cabana
Sofán 3-0 Volantes
Carnota 2-1 Castriz
Montelouro 0-2 Outes

3ª Autonómica, xornada 8

Xaviña 3-2 Nantón
Laxe 1-2 Soneira B
Indep. Carballo 0-0 Lira
Fisterra B 3-2 Camelle
Muxía 4-1 Castrelo
Corcoesto 0-1 Baíñas
Alcaián 0-4 Porteño
Cerqueda 1-1 Ameixenda
  • Descansa Coristanco.

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7

Muros 1-3 Outes
Fisterra 2-1 Xallas StComba
Mazaricos 1-5 Dumbría
Corcubión 0-2 Esteirana
Cee 6-0 Soneira

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 7

Laxe 1-4 Cabana
Corme 1-2 Ponteceso
Baio 1-0 Camariñas
Zas 0-3 Malpica
Muxía 3-4 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada 5

Dumbría 6-0 Sp. Coruñés
Lugo B 3-1 Bergantiños

Liga Galega Infantil, xornada 5

Dumbría 1-2 Boiro
R.C. Deportivo 4-1 Bergantiños

Liga Infantil, xornada 5

Cabana 5-2 Os Miudos
Coristanco 1-1 As Baleas
Vimianzo 0-5 Cee
Esteirana 0-2 Xallas StComba
Outes 2-4 Baio
Fisterra 5-1 Corme
Ponteceso 1-4 Muxía
  • Descansa Sofán.

Ligas de Veteranos, xornada 5

1ª División

Bértoa 0-3 Ponteceso
San Lorenzo 1-1 Nantón
Vimianzo 1-4 Coristanco
Castriz 2-0 Camariñas
Corcubión Vet. 4-3 Soneira
Xv. Bergantiños 1-0 Bergantiños
Baio 1-2 San Román
Zas 0-2 Cabana

2ª División

Camelle 1-3 Cerqueda
At. Milagrosa2-0 Malpica
Dep. Carballo 1-1 Agualada
Buño 0-2 Sofán
Muros 2-1 Poniente
Leiloio 2-1 Laxe
Porteño 0-1 Corcoesto
  • Descansa Corme.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios