Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados dunha fin de semana de Copa na Costa

Resultados dunha fin de semana de Copa na Costa

Con varios focos abertos de interese deportivo, a Costa da Morte tiña a atención posta na gran festa do fútbol costeiro. O Conco acollía a volta da Final da Copa da Costa 2012. Unhas 1.000 persoas ateigaron o campo dumbriés, e puideron comprobar como o Santa Comba levaba un título máis que merecido. Tralo 3-1 da ida en Fontenla, o cadro xa fusionado co Xallas, antes de cambiar de cor. fixo que o laranxa invadise a Costa. Ao final, 1-2 e título para Santa Comba.

E se nos maiores as novas non foron as máis positivas, o Dumbría si que leva unha alegría na fin de semana co segundo ascenso á Liga Galega. Tralos cadetes, o venres foron os infantís os que celebraron o ascenso tras empatar 2-2 na volta en Pontedeume e facer válido o 1-1 da ida no Conco. Parabéns para este Dumbría que ve resultados ao seu traballo nas categorías inferiores.

E xa temos finalisísima da Copa da Costa de Veteranos 2012: Castriz - Corcubión, que se disputará a partido único en Vimianzo a vindeira fin de semana.

Noutros deportes, varias novidades. O Volei Dumbría- Manuela Rial quedaba entre os 10 mellores do estado tralo Campionato de España infantil. Toda unha alegría para a expedición costeira, pois nada puideron facer na segunda fase e caeron contra os cabezas de serie andaluces e valenciáns, todas unhas potencias..

Ademais, o Fisober, tras quedar campión da Liga Autonómica, e subcampión de España, disputaba na tarde deste domingo a Final da Copa Autonómica de Fútbol Sala Feminino. E tampouco puido ser. A veteranía do Leis Pontevedra deixou o partido nun 5-2 para as pontevedresas. Así e todo, histórica a tempada das soneirás, con unha Liga e dous subcampionatos.

unha gran porteira,

Reunión en Baio

E antes de nada, lembramos que o vindeiro martes 26 de xuño , ás 20:00h no Pavillón, haberá unha reunión fundamental. Votaranse todas as novidades importantes propostas na anterior reunión, incluídas ás que atinxen ás Ligas Xuvenís.
Ademais, farase fincapé na necesidade de adherirse ao seguro Fenix para poder competir.

Final da Copa da Costa, Volta

3-1Santa Comba - Dumbría2-1

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, Volta da Final

1-1Dumbría - Eume2-2

Copa da Costa de Veteranos, Volta das Semifinais

0-1Cabana - Castriz1-2
1-1Baio - Corcubión0-2

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

  • Independiente-Carallo Santo (4-3).
  • Abelleira-Ciclón’s (0-3).

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios