Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta

Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta

"A xente estaba rebentada". Esta foi unhas frases máis habituais nesta tarde de #futboldacosta que ten o ollo posto en Riazor. I é que a completa xornada de Copa de onte provocou que moitos equipos chegasen cos efectivos xustos e cansos. Pero a xornada tivo moito de si.

Sobre todo na Liga da Costa, onde o Nantón pode darse por descendido trala súa segunda derrota co Corme e o empate do Zas en Esteiro. Os cabaneses quedan a 3 puntos do Zas, e co golaverage individual igualado, o Zas ten unha diferencia de goles de -17 polos -37 dos cabaneses polo que o cousa se presenta case imposible.
Por arriba, destacar a loita por arriba entre Corme, Fisterra e Malpica polas 3ª e 4ª praza, e na que non fallaron ningún.

Voltamos a Preferente, onde o Soneira deu un bo paso cara a tranquilidade, se ben aínda quedan 3 partidos. O Santa Comba asinou un respectuoso empate co seu predecesor, o Grixoa, co que non o supera na táboa. O Xallas non podía onte co líder, mentres que o Dumbría empataba con Santiago, facendo un pequeno favor aos veciños soneiráns e xalleiros.

En 3ª, o Carnota é campión tras aproveitar o tropezo do Outes, pois ten o golaverage individual a favor. Ademais, na loita por entrar na fase de ascenso, a cousa segue moi apretada. O Cerqueda certificada a súa presencia, xunto co Cabana, pero hai dúas prazas que se xogarán na última xornada entre Volantes, Montelouro, Porteño, pois o empate entre coristanqueses e muradáns, deixa fóra ao Coristanco que ten un partido máis.

En xuvenís a cousa queda para a última xornada, e de infarto. O Dumbría B queda defintivamente fóra da loita polas dúas primeiras praza. O Baio superaba a primeira proba de lume e machaba ao potente Malpica, o Cee non fallaba e todo queda para o Cee-Baio da última xornada. O Malpica, cun punto sobre baieses e ceenses, teno de cara e unha vitoria ou un empate co Dumbría B clasificaríao matematicamente. Pero unha derrota e un empate entre ceenses e baieses deixaría un triple empate no que habería que mirar os puntos nos enfrontamentos entre os tres equipos implicados. Desta maneira o malpica tería 6 puntos, mentres que Cee e Baio terían cinco puntos cada un. Para desfacer este empate hai que mirar o golaverage dos enfrontamentos entre os tres implicados e neste caso, por un gol, o Baio sería segundo e o Cee quedaría fóra dos postos de promoción.

Entrementres os Veteranos xa comezaron a Copa.

Reunión da Liga da Costa

Este luns 7 de maio a Asociación de Clubes da Costa da Morte convoca unha xuntanza ás 20:00 no Pavillón de Baio. Unha reunión importante, para informar sobre o funciomanento dos seguros da Mutura de Gestión Integral Fénix, para a afiliación das fichas e distintas formas de despacho das licencias federativas, para a vindeira temporada 2012/2013.

Preferente, xornada 35

Santiago 1-1 Dumbría
Xallas 1-3 Compostela
Soneira 8-0 Foz
Grixoa 0-0 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 33

Víctoria 2-0 Ponteceso
Cee 1-1Sada

2ª Autonómica, xornada 33

Corme 2-0 Nantón
Dumbría B 3-1 Buño
Esteirana 0-0 Zas
Fisterra 3-1 Muros
Malpica 5-2 San Lorenzo
Club do Mar 5-1 Mazaricos
Sofán2-0 Castriz
Baio 8-0*O Pindo
Camariñas 3-2 Corcubión

* O Pindo acabou retiranse do campo.

3ª Autonómica, xornada 37

Laxe 2-0 Alcaián
Atl. Pereiriña 1-4 Montelouro
Camelle 4-1 Soneira B
Xaviña 0-1Porteño
Lira 0-3 Cerqueda
Carnota 6-1Indep. Carballo
Coristanco 2-2 Volantes
Muxía2-2 Corcoesto
Cabana 2-2 Outes

Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 13

Baio 4-0 Malpica
Dumbría B 5-2 Corcubión
Soneira 0-8 Cee
Santa Comba 3-1 Camariñas

Copa da Costa Xuvenil, ida das Semis

2ª Cadete, xornada 33

Ponteceso 1-1 Camariñas
Dumbría 5-1 Cabana
Muxía 6-1 Zas
Fisterra 1-6 Outes
Esteirana 5-10 Cee
Coristanco 1-2 Muros
Baio 1-3 Santa Comba
Porteño 0-2 Soneira

2ª Infantil, xornada 33

Coristanco 0-8 Dumbría
E.M.F. Vimianzo 2-3 Baio
Con. de Carnota 4-2 Corme
Esteirana 5-1 As Baleas
Fisterra 1-9 Cee
Cabana - E.D. Os Miudos
Outes 2-6 Santa Comba
Ponteceso 4-5 Muxía

Copa da Costa de Veteranos, ida dos Dezaseisavos

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Resultados da Pref de www.marcadorgalego.com.

comentarios