Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Resultados: O Santa Comba pega primeiro, os cadetes do Dumbría ascenden e o Fisober fai historia

Resultados: O Santa Comba pega primeiro, os cadetes do Dumbría ascenden e o Fisober fai historia

Fin de semana con acontecimentos importantes no deporte da Costa. Como esa ida da final da Copa da Costa, a gran festa do #fútboldacosta. E o Santa Comba pegou primeiro, levando un 3-1 para o Conco que lle outorga algo de vantaxe. E iso que na segunda puido matar a eliminatoria tralo desgaste físico dos dumbrieses no primeiro tempo. Así e todo, queda aberta a final para o Conco.

Xallas de Santa Comba Fusionados

Unha final que ademais ten sabor a fusión trala aprobación por parte das asembleas dos conxuntos de Xallas e Santa Comba. Así, temos un novo equipo, laranxa e verde, con este escudo e o nome esperado "Xallas de Santa Comba".
Ademais, xa poden seguir votando polo Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa

As boas novas chegan dende os cadetes do Dumbría, que acadaron o ascenso á Liga Galega tras vencer 2-0 ao Estradense.
Pola súa banda os infantís téñeno preto, pero aínda terán que sacar un bo resultado de Pontedeume na volta tralo 1-1 da ida desta final.

E falamos tamén do Fisober, que se ben faremos un bo resume este luns, cómpre felicitalos por acadar o subcampionato no Campionato de España celebrado esta fin de semana na Coruña. As soneiráns vencía 3-4 ao equipo de Extremadura tras remontar un 3-0, pero na final non podían co equipo de Castilla león e caían por 8-2

Final da Copa da Costa, Ida

3-1Santa Comba - Dumbría--

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete, Volta da Final

1-0Estrada - Dumbría0-2

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, Ida da Final

1-1Dumbría - Eume--

Copa da Costa de Veteranos, ida das Semifinais

0-1Cabana - Castriz--
1-1Baio - Corcubión--

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

  • Xornada 4:
    - Sábado 16: CICLÓN'S - TAL (3-1)
    - Domingo 17: CARALLO SANTO ABELLEIRA (6-2).

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios