Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Resultados: Un Volantes en 2ª e xa temos final adiantada da Copa da Costa

Resultados: Un Volantes en 2ª e xa temos final adiantada da Copa da Costa

Completa fin de semana ben intensa #futboldacosta. I é que os treitos finais desta Copa e das Fases de Ascenso están sendo tremendas.

E comezamos precisamente pola Fase de Ascenso á 2ª, na que un gol de penalti de Piti deulle o ascenso á Liga da Costa ao Volantes de Baño. Os muradáns caían ante o Cerqueda por un 3-1 un final en Xaviña, nos 25 minutos que restaban trala suspensión do partido de volta a pasada fin de semana. Coas dúas afeccións volcadas, foron os muradáns os que festexaron o ascenso.
Ademais, na loita polo 3º posto, que xa comezaba hoxe, que daría o ascenso se sobe o Malpica á 1ª, o Cerqueda saca vantaxe cun 2-1 ao Cabana.

I é que na Fase de Ascenso á 1ª hai agora 2 prazas pola desaparación do Monteñearos. Así, o Malpica, que empataba en Pedra Queimada a 0 co Lamela, terá que gañar ante o Brión se quere asegurar o pase e así dar unha praza máis de ascenso aos seus veciños de Cerqueda ou ao Cabana.

E parece ser que xa temos perfilada a finalísima da Copa da Costa. Dumbría e Santa Comba pegaron primeiro, e pegaron con forza. Os dumbrieses, tremendamente efectivos, aguantaron unha boa primeira metade do Corme no Cairo, para sentenciar a eliminatoria na segunda a base de pegada.
Pola súa banda, o derbi xalleiro foi monocolor, laranxa. O Santa Comba foi superior ao seu veciño Xallas, e sentenciou o pase ante un Fontenla cunha bastante boa entrada. Ollo, que o do vindeiro sábado pode ser o último derbi xalleiro... Daremos conta no seu momento.

E mala experiencia dos nosos xuvenís na Fase de Ascenso á Liga Galega. Baio e Malpica din adeus á tempada logo de facer un gran ano nas competicións costeiras. Pero, ao primeiro salto, golpe nos fouciños. Os baieses caían o pasado sábado 5-0 en Santiago ante o San Marcos, e onte, polo menos, vencían por 2-1 ante un público entregado no Platas Reinoso. Os de Nacho quedan pois cun bo sabor de boca, e xa se preparan para o ano que vén, xa que 6 destes xuvenís serán pezas claves no equipo da Liga da Costa do ano que vén.
Pola súa banda, o Malpica saía a por todas ante o E.F. Lalín, pero nin na ida nin na volta tiveron os de Piña a pegada que lles caracterizou ao longo do ano. Tiveron 10 minutos moi bos, e puideron recurtar o 0-3 da ida, pero a pólvora estaba mollada, e pouco a pouco o cadro local foise facendo co partido ata repetir tanteo, e mandar de volta a casa aos malpicáns.

Pola súa banda, en cadetes o choque do Dumbría co Cordeiro suspendiuse porque un dos dumbrieses, Fabián, acabou no Hospital tras un forte golpe na cabeza golpe cunha valla, cando tan só ían os 13 minutos.
Ademais, o Santa Comba caeu 1-0, igual resultado que na volta, nunha eliminatoria con moita igualdade, cun Negreira tecnicamente superior, pero na que o Santa Comba tivo a pólvora molladísima.

Iso si, as boas chegan dos infantís. O Dumbría sacaba un 3-5 ante o Xuventú Aguiño que deixa todo de cara para a volta.

E por certo, se aínda non votastes polo 11 ideal das Ligas da Costa (ollo que xa van 19.000 votos), xa sabedes: Escolle os mellores 11 da 2ª e 3ª Autonómica.

Copa da Costa, Ida das Semis

1-4Corme - Dumbría --
0-4Xallas - Santa Comba--

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

0-0Malpica - Lamela*--

* Tanda de penaltis a favor do Malpica por un hipotético triple empate.

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

5-2Volantes - Cerqueda1-3
2-0Montelouro - Cabana1-3

Partido polo 3º e 4º posto:

2-1Cerqueda - Cabana--

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Fase de Ascenso á Liga Galega

Xuvenil:

5-0San Marcos - Baio1-2

0-3Malpica - Lalín3-0

Cadete:

0-1Santa Comba - Negreira1-0

-Estrada - Foz-
0-2Cordeiro - DumbríaSusp.

Infantil:

3-5Xuventú Aguiño - Dumbría09-06

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

Xornada 2

  • Canchester - Tal (2-2).
  • Praias de Raimundes - Abelleira (2-3).

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios