Venres. 19.04.2024
El tiempo

Resultados: Xa temos final da Copa, un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª

Resultados: Xa temos final da Copa, un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª
Segunda fin de semana de xuño no fútbol da Costa e xa temos final da Copa da Costa 2012. Pero o que máis celebramos hoxe é o ascenso do Malpica á 1ª Autonómica. Os de David Baña venceron en Brión, no partido máis serio da tempada, con dous tantos de David Blanco e Rancaño, e remataron bañándose na noite do sábado nas fontes malpicás. Así, a súa praza na Liga da Costa será, aínda pendente de confirmar todos os ascensos na asemblea de finais de xuño pero con moita probabilidade, ocupada polo Cabana, que superaba na eliminatoria polo 5º e 6º posto da 3ª Autonómica e xa saborea a Liga da Costa. E como esperabamos tralo acontecido na ida, a finalísima da Copa da Costa 2012 será Dumbría-Santa Comba. Os dumbrieses podían o sábado co Corme cun cómodo 2-0. E a noite do domingo, Fontenla viviu o que será , con probabilidade, o último derbi xalleiro, se finalmente se xesta o Xallas de Santa Comba coa fusión do laranxa e do verde de abnos equipos. Foi o cadro laranxa o que disfrutará da final da Copa malia que foi o cadro verde o que levou a vitoria por 0-1 con gol de Pío. Nas categorías inferiores os cadetes dumbrieses caeron ante o Estradense pola mínima no primeiro partido da final; mentres que os infantís pasaron a primeira rolda.

Copa da Costa, Volta das Semis

1-4 Corme - Dumbría 0-2
0-4 Xallas - Santa Comba 1-0

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

  • Brión - Malpica: 0-2

Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica

2-1 Cerqueda - Cabana 1-3

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Fase de Ascenso á Liga Galega

Cadete:
1-0 Estrada - Dumbría -
Infantil:
3-5 Xuventú Aguiño - Dumbría 1-8

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro, Xornada 3

  • Praias - Independiente (1-5).
  • Canchester - Carallo Santo (4-2).

Reunión importante en Baio

Recordamos ademais que o vindeiro martes 12 de xuño a Federación convoca aos clubes da Costa para unha nova reunión en Baio para preparar o plenillo da FGD, que se celebra a final de mes, seguramente o 27 de xuño. E polo visto, as propostas son ben interesantes, e abordaránse os seguintes temas:
  • PROPOSTA DO CORME CF para a vindeira temporada. ASCENSO A NOVA 1ª AUTONÓMICA: O Corme prantexa que non todos os equipos que ascendan vaian a zona de Santiago, unha das causas polas que o cadro azulón rexeitou o ascenso esta tempada.
  • COPA DA COSTA 2013: Proporase xogar ao rematar a temporada de liga. E á final a un só partido. Por fin unha proposta con xeito sobre o barro de competicións.
  • LIGA DE XUVENIS. Un só grupo na Liga e volver o formato anterior de Copa, onde participen todos.
  • FUTBOL BASE. volver o sistema anterior de competición.
  • GALA DO FUTBOL DA COSTA, que se celebrará o 30 deste mes de xuño en Muros e para o que xa hai candidatos dos premios.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios