Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rookie do ano?

Rookie do ano?
O Outes vai para Rookie do ano despois de vencer en Sigüeiro O Outes vai para Rookie do ano despois de vencer en Sigüeiro Agora que España celebra sobre parqués e non sobre pastos, que a celebración patria vai nas mans e non nas pernas, cómpre tomar un termo de basket para definir a sensación que empeza a deixar o Outes de Manu de Roque: rookie do ano. A vitoria en Sigüeiro (3-4) deixa na zona nobre un conxunto de fútbol alegre e táctica intelixente, que só deixou de puntuar nun desafortunado debut en Rianxo. Foi unha das moitas novas positivas que deixou a Primeira Autonómica. A Armada costeira, nunha múltiple batalla a dúas frontes (Pontevedra e Santiago), só naufragou coas naves baiesas e cormeláns. Ambos quedan pechando a táboa cun punto pero, sobre todo no caso dos da comarca de Bergantiños, coa sensación de ter unha fuga atrás. No outro pico da táboa está un Soneira que non apaga a máquina de amasar e que nesta ocasión serviulle para pasar por enriba do Bertamiráns B. E como na vida extradeportiva, as Preferentes, ou os Preferentes, impiden falar da xornada en clave de perfección. O malo é que cada vez hai maior crueldade nas formas. O Xallas, dominador absoluto do encontro, encaixou no 89 un duro golpe do Lemos, mentres que o Dumbría apenas dispuxo de opcións contra o Bertamiráns. A palabra para definir o sucedido na Liga da Costa é estraño: o Baíñas cedeu na casa cun Cerqueda moi serio (e solidario), o Porteño e o Cee protagonizaron unha tarde de goles polémica e alternativa que finalizou coa primeira victoria unionista. Pero a nova de San Paio de Refoxos é máis ben a fichaxe confirmada de Ángel Luís para a portería e a lesión de Llanero. Ademais, a Esteirana apenas puxo oposición ante un Zas tremendamente superior e o Fisterra quedou sen puntería en Buño. O comezo da Terceira Autonómica completou o calendario total do fútbol Sénior e semella que o Corcubión quere ir pola vía rápida ao seu sitio natural: a Liga da Costa. Marcaron seis tantos contra un Muxía con problemas atrás. Laxe e Nantón tamén firmaron entre os dous media ducia de tantos, no duelo do Norte.

De base

Con respecto ao fútbol formativo, polo Conco pasaron dúas das mellores canteiras de Galicia: o Montañeros en Xuvenís, que non puido cos costeiros, e o Deportivo da Coruña en Cadetes, que se impuxo con certa solvencia por 1-4. Nas Ligas da Costa, Xallas e Coristanco dominan en Xuvenís aínda que no Norte xa non hai equipos con pleno de vitorias.

Rodou tamén o balón dos Veteranos

Tamén os maiores da Costa botaron a rodar o esférico nunha primeira xornada que deixou un par de partidos aprazados e que deixa a 4 equipos, dos que teñen nome, con 4 puntos.

Preferente Norte, xornada 6

Dumbría 0-2 Bertamiráns
Xallas 0-2 Lemos

1ª Autonómica, xornada 3

Cordeiro 1-2 Sofán
Val do Ulla 2-1 Corme
Sigüeiro 3-4 Outes
Malpica 2-1 Piloño
Bertamiráns 0-3 Soneira
Agolada 2-1 Baio

2ª Autonómica, xornada 3

Porteño 3-4 Cee
Esteirana 0-5 Zas
Ameixenda 2-3 Camariñas
San Lorenzo 5-0 Cabana
Baíñas 0-1 Cerqueda
Buño 0-0 Fisterra
Ponteceso 2-1 Mazaricos
Castriz 6-0 Volantes
Coristanco 5-1 Carnota

3ª Autonómica, xornada 1

Laxe 3-3 Nantón
Corcubión 6-2 Muxía
Castrelo 1-2 Montelouro
Seaia 0-1 Camelle
    • Descansa Lira.

Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Dumbría 2-2 Montañeros

Liga Xuvenil Sur, xornada 3

Fisterra 0-1 Outes
Montelouro 2-6 Xallas
Os Miudos 3-2 Esteirana
Castriz 2-2 Cee
      • Descansa Corcubión.

Liga Xuvenil Norte, xornada 3

Camariñas 4-2 Zas
Baio 2-2 Cabana
Coristanco 3-2 Muxía
Corme 4-1 Porteño
      • Descansa Ponteceso.

División de Honra Cadete, xornada 2

Dumbría 1-4 Deportivo

1ª Cadete, xornada 2

Xallas 2-1 Muxía
Outes 2-1 Baio
Cee 3-2 Cabana
Coristanco 4-5 Sofán
Corme 6-1 Fisterra
Esteirana 1-2 Zas
Os Miudos 3-1 Ponteceso
      • Descansa Soneira.

1ª Infantil, xornada 2

Esteirana 0-7 Os Miudos
Dumbría 5-1 Fisterra
Corme 14-1 Lira
Sofán 7-1 Ponteceso
Vimianzo 3-1 Cabana
Sporting Zas 0-9 Outes
Coristanco 2-1 Cee
      • Descansa Xallas.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 1

Castriz 1-2 San Román
Bértoa 5-1 Cabana
Erbecedo Apraz. Hosgran
Coristanco 1-1 Dumbría
Ponteceso 1-2 Agualada
Laxe 0-1 Atlético Milagrosa
Zas 1-2 -Soneira
      • Descansa San Lorenzo.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 1

Dep. Carballo Apraz. Corcoesto
Club do Mar 3-0* Camariñas
Buño 0-2 Cerqueda
Malpica 2-2 Poniente
Porteño 5-3 Leiloio
San Isidro 3-1 Nantón
Vimianzo 4-1 Seaia
      • Descansa Sofán.
      • *O Camariñas retirouse. Todos os seus resultados quedan 3-0.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios