Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Samuel Méndez, do club Arte e Movemento, participa no Open Marina d'Or Taekwondo

Samuel Méndez, do club Arte e Movemento, participa no Open Marina d'Or Taekwondo
samuel-mendez-taekwondo Samuel Méndez gañou a pasada fin de semana no Open de Arrigorriaga Despois de gañar o Open de Arrigorriaga, que tivo lugar a pasada fin de semana en Viscaia, Samuel Méndez xa está coa mente no próximo campionato de taekwondo que será este sábado en Marina d'Or. Samuel Méndez é de Muxía, ten catorce anos e dende fai dúas semana forma parte da Selección Galega despois de proclamarse como campión galego. Leva varios anos entrenando no club Arte e Movemento e a perseverancia transformase nos bos resultados que está obtendo nos últimos tempo. Precisamente a pasada fin de semana proclamouse campión do Open de Arrigorriaga onde participou xunto coa Selección Galega de combate. Samuel venceu no primeiro combate por 9-5 e na final tamén cun impresionante 22-1. O próximo combate de Samuel Méndez é este sábado no marco do Open Marina d'Or. Os demais membros do club Arte e Movemento tamén teñen dobre cita na fin de semana. Así, a sección de taekwondo participará o sábado no campionato provincial Escola Técnica e Freeestyle que terá lugar na Coruña. Mentas, 32 deportistas da sección de baile deportivo desprazaranse o domingo a Narón. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios