Martes. 16.04.2024
El tiempo

Santa Comba premiou aos seus deportistas

Santa Comba premiou aos seus deportistas
Familia de premiados na Gala do Deporte de Santa Comba 2017 Familia de premiados na Gala do Deporte de Santa Comba 2017

Este pasado venres 29 de setembro, o auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba acollía a Gala do Deporte 2017. Unha cita que serve para recoñecer a labor dos equipos e das personalidades que máis triunfan e que máis traballan no mundo do deporte. Quedou pequeno o auditorio para acoller a cita.

A Gala arrincaba en clave de baile coa xalleira Melanie Lois, que participa en concursos a nivel nacional, e que fixo as delicias dos espectadores coa súa parella ceés Christian Domínguez, do Clun Arte e Movemento.

O reporteiro Diego Viaño tomou o mando dunha Gala chea de cariño e emoción. A Concelleira de Deportes Silvia Cancela foi a que abríu o acto, deixando claro que o concello aposta polo deporte, e polo deporte de canteira, fomentando os hábitos de vida saudables.

As primeiras galardoadas foron as rapazas do Bm. Xallas infantil feminino, que quedaron campioas o ano pasado. 5 xogadoras deste equipo xogaron na Selección Provincial sendo unha das destacadas Miriam, que na final do ano pasado anotou nada menos que 18 goles. Bruno López, vicepresidente da Federación Galega de Balonmán fixo entrega do premio.

De seguido, o seguinte en subir ao estrado foi o deportista Fernando Baña, un xalleiro na elite do taekwondo galego. Jairo Leis, sempre canda el, foi un dos culpables de que estea adestrando no Centro de Tecnificación de Pontevedra. E foi a alcaldesa María Pose a que lle fixo entrega do premio.

A cita contou cun vídeo de Joaquín Caparrós entre as moitas sopresas que houbo. Abriron así os premios futboleiros, comezando polo equipo Xuvenil do Xallas CF, que o ano pasado arrasou nas ligas locals, e que só quedou aos pés do ascenso á Liga Galega. Coke e Cristian, os capis do ano pasado, e o presi Gorgal, recibiron o premio do padriño da gala, Ezequiel Mosquera.

Os Xallas Alevíns tamén recibiron outro premio e Jota tivo que sacar as súas dotes máis actorais. Ata o Xallas Prebenxamíns, que venceron a liga no último suspiro da Liga. Tremendamente divertidos os peques sobre o

Cambio de terzo para recoñecer a labor da Asociación Deportiva de Pesca Santa Comba-Xallas, fundada en 2003, e que xa conta con 150 socios para aproveitar o Coto do Xallas, un dos máis codiciados do país.

E para pechar a Gala, tocou premiar ao Club Ciclista Santa Compaña, outra das entidades que máis fai pola promoción deportiva nas terras do Xallas. Foi o propio presi do club o que explicou o por que do nome, xa que un día se lles apareceu a Santa Compaña nunha corredoira… Xa en serio, a afección ás rutas nocturnas do club dalle razóns para o nome desta nova entidade premiada.

Tocoulle á alcaldesa pechar a Gala agradecendo a labor deses pais que tanto fan para que os seus nenos poidan disfrutar do deporte.

E como broche de ouro o grupo de gaiteiros a cargo de Pablo Seoane tocou o himno galego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios