Venres. 29.03.2024
El tiempo

Segunda volta das rebaixas

Segunda volta das rebaixas

A Primeira e a Segunda Autonómica superan o ecuador da tempada con incertidume en case tódolas batallas

Cerqueda-Volantes-Foto-UD Imaxe do Cerqueda-Volantes da semana pasada-Foto-UD

Pasados cotillóns, turróns, ceas, enchentas e demais celebracións de Nadal, e sen descanso de por medio grazas a unha Copa que estivo de máis, comeza a segunda volta dunha Primeira e unha Segunda Autonómica preciosas para o seareiro neutral, e angustiosas en moitos casos para os que lles vai algo en cada loita.

Cun Soneira campión de inverno aprendemos que os grandes e ilusionantes proxectos tamén poden ser 'de andar por casa'. A base está feita, agora toca competir baixo presión nun segundo tramo no que Cordeiro, Unión e Flavia prometen apretar. O primeiro escolo é un Val do Ulla en situación cómoda na táboa e perigoso no fútbol directo. Pero falando de perseguidores podería haber un deses pactos que tanto lle gustan a Mariano e Pedro, de tal xeito que Outes, que recibe ao Unión, e Sofán, que fai o propio co equipo de Padrón, boten un cable e saquen adiante os seus encontros. A Baio e Malpica lles toca facer as maletas para viaxar a Piloño e Carcacía respectivamente, no que para os de Chema será un choque directísimo.

Un escalón máis abaixo a Liga da Costa aparece coma unha carreira de galgos en xeito de pelotón e con diferencias de dous partidos entre o líder e o séptimo. Precisamente, o Zas xa sabe que esta pelexa dura ata o final do final, e tropezar tres veces na mesma pedra non entra en ningunha cabeza. De momento segue a senda recibindo a un Coristanco que non debería sobre o papel ter demasiadas opcións en San Andrés. Máis incerta é a visita do Ponteceso a Esteiro, onde se verán as caras pode que dous dos conxuntos máis novos da Costa. O Baíñas en Camariñas e o Fisterra en Cerqueda son os 'galos' cun plan a domicilio no que terán que sudar moito.

A categoría suplicio, no que a alegrías se refire, é unha Preferente onde o Dumbría comeza unha nova etapa despois de seis anos. Penúltimo na táboa, a era post Canosa se abre en Villestro, o que non é precisamente o debut máis favorable posible. A Santa Comba chega un Chantada moi sobrio e compacto. Pola súa banda, a Terceira Autonómica retorna ao grande, cun cruce de primeiro e segundo entre Corcubión e Laxe.

Dous clubes de Lugo, a Residencia Xuvenil e o Club Deportivo en División de Honra Cadete, chegan como pratos fortes do inicio das segundas voltas na base.

 

Preferente Norte, xornada 20

 

Primeira Autonómica, xornada 18

Segunda Autonómica, xornada 18

Terceira Autonómica, xornada 15

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 18

Dumbría09/01 - 16:30Residencia

Cadete - División de Honra, xornada 18

Dumbría09/01 - 11:30Lugo
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 18

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 18

 

Primeira Cadete, xornada 16

Primeira Infantil, xornada 16

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 14

BenxamínCosta Sur F8, xornada 14

 

Veteranos, 1ª División, xornada 15

Veteranos, 2ª División, xornada 15

 

Máis información

Fonte

Comentarios