Venres. 19.04.2024
El tiempo

Semana movida para o Club Cee Deportes de Contacto

Semana movida para o Club Cee Deportes de Contacto
Antia do Club Cee Deportes de Contacto medalla de ouro en Algeciras A corcubionesa Antía Río conseguíu medalla de ouro en Algeciras De novo este ano, a familia do Club Cee Deportes de Contacto comezou a súa participación en diferentes competicións. Por un lado, dous deportistas participaron o pasado 17 de novembro no Torneo de España 2018 de Taekwon-Do ITF. E xa esta pasada fin de semana tivo lugar o IV Open Barbanza 2018

Medallas a nivel nacional

Isma do Club Cee Deportes de Contacto en combate en Algecitas Isma do Club Cee Deportes de Contacto en combate en Algecitas Ata Algeciras desprazábanse Antía Río (Corcubión) e Ismael Gándara (Cee) o pasado día 17 para participar no Torneo de España 2018 de Taekwon-Do ITF, torneo nacional clasificatorio para o Campionato de Europa 2019 e Campionato mundial 2019. Dúas das xoias da canteira do Club Cee Deportes de Contacto que seguen demostrando o seu potencial. Ambos foron da man dos compañeiros do Club ITF Noia, así como do coñecido mestre Antonio Blanco, máis coñecido por todos nos como “Dache” e o actual adestrador de taekwondo do Club Cee, Juan Carlos Portero, (cinturón negro 6º DAN). Foi unha xornada completa de competicións, dende as 9:00 ata 22.00 horas na que diferentes clubs de España e competidores de todas as categorías, loitaron por acadar o mellor posto e a mellor puntuación para formar parte da preselección da que sairán os representantes nacionais que participarán no campionato europeo e mundial citados. E como era de esperar e para orgullo do Club Cee Deportes de Contacto, Antía e Isma, obtiveron varias medallas e excelentes posición neste reñido encontro. Antía, con medalla de ouro en tul, e prata en combate, queda clasificada para tul individual e por equipos para o campionato mundial 2019. Isma, colgouse unha medalla de ouro en tul por equipos, e queda pendente de decisión dos seleccionadores para entrar en equipo para o campionato europeo e mundial 2019.

Open da Barbanza

O Club Cee Deportes de Contacto no Open da Barbanza Rapaces do Club Cee Deportes de Contacto no Open da Barbanza Sen tempo a dixerir o éxito, a familia do club ceense desprazouse esta fin de semana a Riveira para participar no Campionato Internacional de Artes Marciais “IV Open Barbanza”, evento deportivo no que participaron máis de 20 clubs e escolas de artes marciais diferentes. Aproveitando a variedade de disciplinas invitadas a esta xornada, do Club Cee, participaron tanto algúns dos mozos de Taekwon-do ITF como algúns dos practicantes de Kickboxing. Para algúns foi unha experiencia nova, para outros, suma de competicións na súa traxectoria nestas disciplinas. ”É moi satisfactorio, tanto para o club como entidade, como para os alumnos como competidores, acudir a eventos desta índole onde os resultados demostran o progreso alcanzado tralos adestramentos. Permite ademais, coñecer outras disciplinas e loitar sobre o tatami con outros compañeiros de deporte, así como sumar experiencias en combate, o cal é unha arma de motivación fundamental para os alumnos, posto que a ilusión coa que acoden os adestramentos é palpable tras este tipo de eventos, motivación e ilusión necesaria para seguir crecendo como practicantes de Taekwon-do ou Kickboxing neste caso”, como nos explica a presidente do club Fátima Pose.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-club-cee-deportes-de-contacto-afianza-o-seu-estatus-veterano-na-liga-itf/

Comentarios