Martes. 15.10.2024
El tiempo

Sesións do DáFIT: Comer SAN, pode ser MALO? 

Sesións do DáFIT: Comer SAN, pode ser MALO? 
  Aínda que é común falar de anorexia e bulimia, polo impacto (persoal, familiar e mediático) destes Trastornos da Conducta Alimentaria (TCA); existen outros trastornos que poden tamén xerar graves problemas e son máis descoñecidos. Como poden ser: vigorexia (realizar moita actividade física orientada de xeito exclusivo a aumentar a masa muscular, e consumir elevadas cantidades de suplementos proteicos e anabólicos), síndrome do comedor nocturno, pica, geofagia, hiperfagia, pagofagia,  ortorexia, etcétera. En xeral,  os TCA constitúen a terceira enfermidade crónica máis frecuente en adolescentes. Segundo Antoni Brau, responsable da xestións do coñecemento e investigación do Instituto de Trastornos Alimentearios (ITA), é de destacar complexidade dos mesmos e a importancia de mellorar os programas de prevención e diagnósticos. Os rasgos máis comúns son: perfeccionismos, dificultades interpersoais, inseguridade social, alteración da imaxe corporal por unha insatisfacción do corpo, impulsividade e medo.  Aínda que non se presentan coa mesma dimensión, senón que, hai un  amplo abanico que fai que se diferencien entre os trastornos clásicos xa mencionados e os de nova orde. Demostración de cociña fácil, rápida e san. Na sede DaFit Store, en Cee. Demostración de cociña fácil, rápida e san. Na sé DaFit Store, en Cee. A continuación, centrarémonos exclusivamente na ORTOREXIA: cando comer sano se convirte nunha obsesión… A ortorexia é un trastorno da conduta alimentaria que consiste en na obsesión pola comida san e apetencia polo correcto.  O termo ortorexia provén dos vocábulos gregos orthos (xusto) e exía (apetito). Trátase dun cadro obsesivo-compulsivo que describe unha extremada apetencia e selección de alimentos considerados saudables polo individuo, chegando a configurar con este ritual unha dieta restritiva e un illamento social compensatorio. Non é malo querer levar unha dieta san, o problema aparece cando se convirte nunha obsesión e a comida pasa a ser o centro de todo. As persoas que sofren esta patoloxía  soen eliminar da súa dieta carnes, alimentos ricos en graxas e aditivos, con contidos excesivos en sal e azucre, produtos nos que durante o seu cultivo se usen pesticidas ou herbicidas e sustancias artificiais que poidan danar o organismo. E isto pode traducirse en carencias nutricionais (anemia, desnutrición, carencia de vitaminas e minerais, diminución das defensas, etcétera.) e inclusive pode causar unha enfermidade psiquiátrica. Son persoas que están máis preocupadas pola “calidade dos alimentos” que polo “pracer de comer". A forma de preparación dos alimentos e os materiais utilizados para elo tamén son parte do ritual obsesivo. Buscan cociñar  e comer só alimentos naturais e sans, é dicir, sen aditivos, sen proceso industrial e con adecuada distribución de nutrintes de calidade. Por elo, dedican gran parte do seu tempo (3 ou máis horas ó día) a organizar a dieta planificándoa con moita antelación, renuncian á inxesta de alimentos que gustan e agradan porque no son "bos ou saudables". Desprázanse grandes distancias para conseguir alimentos especiais, bio ou puramente ecolóxicos,  pésanos, analizan os seus compoñentes e abandonan as súas actividades diarias para poder levar a cabo  o seu  patolóxico modo de vida. A diferenza de outros trastornos alimenticios, os ortoréxicos son persoas moi abertas cas súas regras de alimentación e non se absteñen en mostrarse orgullosos de elas fronte a outras persoas.  Soen ser tan estritos que incluso se senten culpables cando o incumpren, como cando non son eles os que cociñan, desenvolvéndose unha  sensación de culpabilidade e preocupación por transgredir os seus ideais, chegando incluso a castigarse con dietas e xaxúns aínda máis ríxidos. Do mesmo modo, menosprezan a aquelas que non seguen regras dietéticas, polo que se poden ver  abocados ó “illamento social”, xa que lle produce estrés e agobio, si por exemplo, ten que asistir a unha comida entre amigos ou unha comida de traballo. Como diciamos o principal  síntoma que caracteriza a este trastorno é a preocupación excesiva por todo lo que se inxire. As persoas con ortorexia, son persoas moi estritas, de percepción vulnerable, controladas e esixentes consigo mesmas e cos demais. As mulleres, o período da adolescencia e aquelas persoas que se adican a deportes como o culturismo, o atletismo e outros, son los grupos máis vulnerables. O tratamento da ortorexia require a intervención dun equipo de axuda no que participen  participen médicos, psicoterapeutas e dietistas. Aínda que traballar co entorno inmediato como a familia e fomentar unha educación nutricional temperá,  serán complementos imprescindibles para alcanzar a solución definitiva ó problema. Comida San-Dafit Non debemos esquecer que unha alimentación san e equilibrada inclúe todo tipo de alimentos,é dicir variada e suficiente, é pracenteira e permitiranos sentirnos ben, tanto por dentro como por fora, sen volverse o centro da nosa vida. Hai que relaxarse ca comida e non sentirse culpables por disfrutar comendo, ben sabedes que a clave está no equilibrio!!    

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios