Martes. 16.04.2024
El tiempo

Só o infantil do Manuela Rial volve con vitoria da Coruña

Só o infantil do Manuela Rial volve con vitoria da Coruña

Esta fin de semana, os enfrontamentos entre os equipos ceenses do Manuela Rial e os coruñeses do Calasancias saldáronse cun balance favorable aos herculinos. A única vitoria costeira foi dos infantis do Manuela Rial que continúan invictos na Liga Galega. Costoulles entrar no partido pero unha vez co fixeron demostraron a súa superioridade para vencer por un tanteo 1-3 (27-25 / 16-25 / 15-25 / 14-25). O partido tamen serviu para darlles minutos os menos habituais que estiveron en bo nivel.

Disputada está sendo a Liga Galega cadete masculina, xa que a excepción do líder Vigo, entre os demais equipos predomina a igualdade e da lugar a partidos moi disputados que se deciden no 5º set coma o que disputaron Calasancias e Voleibol Dumbría a favor dos herculinos por 3-2 (25-21 / 24-26 / 17-25 / 25-21 / 15-10). Tanta igualdade non permite dilucidar ata a ultima xornada que 4 equipos disputaran o titulo nas semifinais e finais. O dumbrieses ocupan a 4º praza igualados con dous equipos máis.

As rapazas colleitaron sen moita batalla xa que as nosas non creen nas súas posibilidades e se presentan sen ambición.

  • Xuvenil femenino: Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-23 / 25-17 / 25-20)
  • Cadete femenino: - Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-17 / 25-22 / 25-15)
  • Infantil femenino: Calasancias- Manuela Rial 3 - 0 (25-15 / 25-19 / 25-8)

Vindeira cita

Este domingo no pavillón de Dumbría:

  • Cadete femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 10:30h
  • Infantil masculino: Manuela Rial-Teis de Vigo 10:30h
  • Infantil femenino: Manuela Rial -Teis de Vigo 12:00h
  • Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 12:00h

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios