Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Autonómica: En busca do líder perdido

3ª Autonómica: En busca do líder perdido
Fallan máis os favoritos que os colistas nun mes de tolos na Terceira Autonómica; só o Laxe salvou os mobles nunha visita a Muxía que puxo de manifesto o gran momento do 'Manín team' O Castrelo viviu un gran día - Foto: Castrelo O Castrelo viviu un gran día - Foto: Castrelo   Castrelo 3-2 Monte Louro A parroquia do Castrelo pasouno en grande A parroquia do Castrelo pasouno en grande
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: Jose, Curra, Víctor Lema, Suso (Gustavo m.11), Roget, Fernando, Félix (David m.62), Suso Quintáns, Dany Añón (Esteban m.89), Roi (David Caamaño m.69) e Marcos
  • Monte Louro: Iago, David, César, Pedro de García (Edu m.70), Abel, Adrián, Gelo, Sexo, Riki, Pesi (Juanche m.60) e Geiko
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.29 Curra; 2-0 m.44 Roget; 2-1 m.60 Pesi; 2-2 m.68 Juanche; 3-2 m.84 David Caamaño
Un Castrelazo en toda regra, e con mensaxe Un Monte Louro imprevisible perdeu de novo a súa oportunidade de converterse en dominador da Terceira Autonómica da Costa da Morte. Os muradáns tiraron pola borda a primeira metade, ante o mellor Castrelo da tempada. Os vimianceses fixeron un primoroso cuarto de hora final, con pegada e boas combinacións, levados por un Curra xenial. Tocou a batallón o Louro á volta do vestiario, e Pesi e Juanche certificaron en goles e coa igualada esa superioridade. Non desistiu un paciente Castrelo, que aguantou ordeado, e matou ao seu rival a falta de seis minutos, nunha boa acción finalizada a gol por David Caamaño. O triunfo foi adicado a Manuel Caamaño, exfutbolista e integrante da empresa 'Maderas Caamaño'. Castrelo con Manuel Caamaño Castrelo con Manuel Caamaño   Sporting Seaia 1-1 Camelle
  • Campo: Pedra Queimada
  • Sporting Seaia: Jose (Suso m.46), Sergio, Carracedo, Javi, Varela, Miguel, Adrián (Víctor m.53), Sergio (Cristian m.64), Parga, Suárez (Dani m.59) e Brandon (Elvis m.51)
  • Camelle: Álvaro, Cristian (Santi m.70), Rubén, Carlos, Sergio, Ricardo, Martín, Tedín (David m.77), Tajes, Mario e Adrián
  • Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Expulsou a Ricardo do Camelle (m.55).
  • Goles: 0-1 m.36 Adrián; 1-1 m.78 Dani
Unha igualada sen consecuencias Nin Seaia nin Camelle sacaron nada en positivo dunha igualada que se decidiu cos goles nos dez últimos minutos de cada tempo. Os camelláns xogaron máis de media hora cun home menos, despois de que Ricardo vira dous cartóns en once minutos.   Corcubión 1-2 Nantón
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Abe, Alán, Pablo, Adri, Xabi, Toja, Mario Suárez (Iván m.75), Roca (Gabri m.61), Lema, Goche (Tito m.12) e Roi (Marco Castreje m.52)
  • Nantón: Guille, Maikel, Diego, Guau, Lareu, Martín, Carlos Vidal, Redondo (Raúl m.86), Fabio, Silva e DaMata
  • Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Expulsou a Marco Castreje (m.71) do Corcubión. Amonestou a Pablo e Toja do Corcubión; Lareu, Carlos Vidal do Nantón
  • Goles: 0-1 m.12 Redondo; 0-2 m.19 Fabio; 1-2 m.66 Lema
Un mes varado Terceira semana seguida sen puntuar para unha Unión Deportiva Corcubión que empeza a deixar síntomas preocupantes, pois xa non só é cuestión de acerto dos seus rivais, senón dunha falta de concentración penalizada en forma de goles. Os branquiazuis viron como un moi serio Nantón, que só presentou trece fichas, asinaba dous goles nos primeiros vinte minutos, ante unha pasividade defensiva total. Os cabaneses, cunha admirable determinación, resistiron sen conceder demasiadas oportunidades de perigo. Un bo remate de Lema mediado o segundo acto alentou a esperanza local, aínda que a polémica expulsión de Marco Castreje converteu ese éxtasis nun 'gatillazo' de primeira.   Muxía 0-0 Laxe
  • Campo: Arliña
  • Muxía: Santi Papi, Pataca, Martín, Chans, Currás, Pereira, Noé (Mario m.86), Pana (Alberto m.50), Julián (Jose m.56), Pesqui e Conguito
  • Laxe: Noé, Aarón (Felipe Oróns m.40), Naya, Jacinto, Borja, Santi (Djamel m.67), Jorge Pichel, Gora, Bras, Miguel Varela (Omar m.50) e Felipe Rodríguez (Iván m.86)
  • Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Pesqui, Noé do Muxía; Aarón, Jacinto e Santi do Laxe
Motivos para crer nun gran Muxía Seguro en defensa, o Muxía amosou unha vez más contra un dos favoritos que por talento pouco ten que mellorar. Iso si, a pólvora para os de Manín estaba máis mollada que os arredores do campo de Arliña, xa que de cinco oportunidades claras ningunha derivou nunha nova sorpresa na categoría. Os laxenses, moi ben organizados, medraron co paso dos minutos, ata converter os compases finais nun autopista de varios carrís. O pau impediu que a valentía muxián tivera premio en forma de gol.  

Máis información

Fonte

Comentarios