Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O despertar da forza muxián

3ª Autonómica: O despertar da forza muxián
Na Galaxia do líder Corcubión, as forzas rebeldes da veciña Muxía acadaron unha insospeitada vitoria que deixa a loita polo título pendente dos vindeiros episodios O Muxía sorprendeu en Cubaleiro - Foto: María O Muxía sorprendeu en Cubaleiro - Foto: María   Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Corcubión 1-5 Muxía
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Abe, Iván, Gabi, Goche, Adri (Xabi m.50, Alán, Mario Suárez (Senra m.75), Toja, Lema, Tito e Roi
  • Muxía: Papi, Iván Chans, Conguito, Martín, Pataca, Adrián Negro, Currás (Cristian m.75), Noé, Pana (Josiño m.55), Pereira e Pesqu (Castreje m.87)i
  • Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Expulsou a Adrián do Muxía (m.48). Amonestou a Mario do Corcubión
  • Goles: 0-1 m.13 Pesqui; 0-2 m.20 Adrián Negro; 1-2 m.27 Mario Suárez; 1-3 Pesqui; 1-4 m.80 Pereira; 1-5 m.90 Castreje
O mellor Muxía en moito tempo Sorpresón do Muxía en Cubaleiro, onde os de Manín desputaron o seu mellor encontro en moito tempo. Pesqui aproveitou un erro na saída do balón da zaga do Corcubión para facer o primeiro, e pouco despois Adrián Negro, en semifallo e forma de gol fantasma, aumentaba a conta. Un saque de curruncho meteu de novo aos locais na cita. E aí chegaron os mellores minutos do líder, que ata se estrelaría no longueiro. Curiosamente, no segundo acto e despois da temprana expulsión de Adrián Negro, o Muxía foi superior. Dúas contras servíronlle para resolver unha cita na que o primeiro clasificado non pareceu exercer como tal.   Sporting Seaia 0-4 Laxe
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Sporting Seaia: Nacho, Pepis (Cristian m.50), Vistas, Carabel, Jorge Parga (Jose m.70), Eiroa (Michi m.30), Parga, Dani Seaia, Sergio, Ramón (Paco m.70) e Pablo (Jorge m.76)
  • Laxe: Noe, Steven, Aarón (Jaco m.87), Naya, Borja, Felipe Oróns, Jorge Pichel (Omar m.65), Gora, Bras (Jacinto m.46), Samu (Santi m.46) e Felipe Rodríguez (Djamel m.60)
  • Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Nacho, do Seaia (m.90).
  • Goles: 0-1 m.24 Jorge Pichel; 0-2 m.26 Samu; 0-3 m.88 Santi; 0-4 m.90 Felipe Oróns, de penalti
Sinxelo no derbi O Laxe foi moi superior a un Sporting Seaia que non atravesa o seu mellor momento. Jorge Pichel, tras un rexeite nunha boa combinación entre Felipe Oróns e Samu, facía o primeiro. Só dous minutos despois, un man a man era esta vez resolto polo propio Samu, que deixaba unha papeleta por diante para os locais. Decaeu lixeiramente o ritmo do partido e o cadro malpicán tivo un par de boas accións, pero non acertou a finalizar. Si o fixo xa na recta final Santi, e despois Felipe nun claro penalti.   Castrelo 2-2 Nantón Curra, autor do primeiro gol vimiancés - Foto: Castrelo Curra, autor do primeiro gol vimiancés - Foto: Castrelo O encontro resultou sumamente entretido O encontro resultou sumamente entretido
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: Josiño, Gustavo, Luis, Marcos, Víctor Lema (Chuchi m.70), Steven, Suso (Chapu m.75), Félix, Curra, David Caamaño (Edreira m.62) e Roi
  • Nantón: Guille, Lareu, Gua, Maikel, Diego, Damata, Fabio, Redondo, Valentín (Raúl m.30), Martín e Silva
  • Árbitro: Carro Moreira (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.13 Curra; 1-1 m.35 Fabio; 1-2 m.47 Maikel; 2-2 m.70 Roget, de penalti
Diversión no Municipal Coñecidos e veciños, Castrelo e Nantón xogaron un partido sen demasiadas reservas e divertido para os seareiros. Ata houbo lugar para as extravagancias, como que o porteiro suplente dos locais, David Caamaño, formara como xogador e fixera de asistente para que Curra marcase o primeiro. Igualaría Fabio, ó estilo habitual, cun lanzamento de fóra do área. Deulle a volta ao marcador, nada máis regresar dos vestiarios, un Maikel que aproveitaba a boa acción por banda de Redondo. Non tumbou o contratempo ao Castrelo, que medrou e medrou ata que Edreira provocaba un claro penalti e Roget convertía para selar unha xusta igualada.   Lira 2-1 Camelle
  • Campo: Portucubelo
  • Lira: Che, Santi, Santi Juvenil, Choqueiro, Marco Piteiro, Suso Perico, Asiel, Tano, Fran Perico, Manu e Salva
  • Camelle: David, Cristian, Carlos, Sergio, Ricardo, Martín, Tedín (David m.60), Rubén, Lema, Pasantes e Santi (Álvaro m.46)
  • Árbitro: Gil Soriano
  • Goles: 0-1 m.8 Pasantes; 1-1 m.20 Fran Perico; 2-1 m.87 Tano
Por fin atopa premio o Lira Un Lira que viña amagando con dar algún disgusto logrou por fin sacar tres puntos que se lle resistiran últimamente de formas crueis. E iso que nun despiste dos de Portocubelo Pasantes adiantaba a un Camelle mermado. Fran Perico, á saída dun córner, e Tano, nunha contra perfectamente levada, voltearon o marcador a favor dun Lira que tivo as mellores opcións.  

Máis información

Fonte

 

Comentarios