Venres. 19.04.2024
El tiempo

Última chamada para participar na VIII BTT Concello de Dumbría deste domingo

Última chamada para participar na VIII BTT Concello de Dumbría deste domingo
BTT Dumbria 2018 Última chamada para os interesados en inscribirse na oitava edición da Ruta BTT Dumbría. O prazo remata o venres ás 12:00h e a proba disputarase este domingo día 18. Xa van 8 anos dende aquel 2010, cando o Concello puxera en marcha esta iniciativa, que serviu como impulso para a creación do Club Ciclista Dumbría no ano 2011. Hoxe en día, a ruta é unha das fixas no calendario autonómico, caracterizándose pola variedade de terreos e unha gran convivencia entre os participantes. Xa hai 216 inscritos, e ti podes inscribirte xa en emesports.es.

Como é a proba

A Recollida de dorsais a partir das 8,00h nas instalacións deportivas do Conco. A saída da marcha será as 9,30h dende as instalacións deportivas do Conco, onde o pelotón se dirixe neutralizado cara Sábade, aquí a marcha entra xa nos montes de Berdeogas e Dumbría, cunha primeira baixada técnica. A continuación nos diriximos a localidade de Paradela, entre pistas, camiños e algunha baixada. A partir de aquí, a ruta entra na súa parte máis dura, subida o alto do chans das Lagoas, baixada a Vilar de Olveira, subida de Rebouta. Nesta parte, podemos divisar todo o entorno de embalse da Fervenza así coma ó valle de Olveira. Logo dun descenso dende uns dos puntos con máis altitude do Concello, ten lugar o primeiro avituallamento sólido e líquido no depósito de auga de Olveira aproximadamente no KM 21. Unha vez recuperado forzas, os deportistas se dirixen a cruz de Logoso, no alto de Olveiroa, cruzando neste punto para o camiño Xacobeo en dirección Logoso. Uns dos puntos obrigados da marcha, a Pedra Cabalgada ou pedra do Brazal, donde os participantes seguro que baixan da bicicleta para facer a foto de rigor. O pasar a pedra, e logo dun kilómetro, ten lugar a separacións da ruta corta e da ruta larga. O horario límite para facer a larga e pasar antes das 12,30h, o que o faga máis tarde ten que facer obrigatoriamente a ruta corta. Neste punto, a organización terá preparado un avituallamento líquido. A ruta larga sigue en dirección O Brazal, seguindo o Rio Xallas e visualizando a Devesa de Anllares. Xestosa, Anseán e subida en dirección Pelexa, descenso a Filgueira de Buxantes para dirixirse o monte de Dumbría. Neste punto, a 3 km de meta, temos un descenso técnico a altura de Figueiroa de Dumbría. Antes de cruzar a liña de meta, os participantes, pasarán polo lugar de Castro, camiño Xacobeo e Albergue de peregrinos de Dumbría. Unha vez finalizada a marcha, os participantes desfrutarán da comida final.

Outras probas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios